Un ano de cárcere para un home que estafou 700 euros a un usuario de 'milanuncios' en Lugo
O interlocutor solicitoulle á vítima que ingresase o diñeiro nunha conta titularidade do condenado, "finxindo a súa disposición e vontade de levar a cabo a entrega", algo que nunca se produciu, a pesar de recibir o pago. Tanto o anuncio como o diñeiro da conta foron retirados, sinala o fallo, "de maneira case inmediata".
Por Europa Press / Redacción | LUGO | 30/10/2023 | Actualizada ás 16:38