Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/11/2023 | Actualizada ás 13:16
A borrasca Domingos que azoutou o pasado fin de semana á costa galega e cantábrica, deixou unha marca absoluta en altura de onda significante medida nas redes de aboias de Portos do Estado.
Foi, en concreto, na boia de Estaca de Bares, pertencente á Rede Exterior e operativa desde 1996. Rexistrou 13,95m de altura de onda significante o sábado 4 de novembro ás 22h, o que supón a maior altura rexistrada desde que as redes de medida de Portos do Estado empezaron a funcionar, superando os 13,72m rexistrados na boia de Bilbao Biscaia durante o paso do ciclón extratropical Klaus en 2009.
Segundo informa Puertos del Estado nun comunidado, o resto de boias operativas na zona obtiveron rexistros elevados durante o paso dos tres temporais case consecutivos dos últimos días (Celine, Ciarán e Domingos), pero sen alcanzar niveles marca.
A altura de onda significante representa o valor medio do terzo de ondas máis altas rexistradas durante un período dunha media hora, a diferenza da altura de onda máxima, que se circunscribe á medida dunha única onda. Por iso, é un parámetro estatístico de gran utilidade para describir a intensidade da ondada na posición de abóiaa e máis definitorio, por tanto, da dureza do temporal.
A boia de Estaca de Bares non conta con capacidade para transmitir o parámetro de altura de onda máxima en tempo real, polo que haberá que esperar a descargar os datos de abordo para coñecer os rexistros correspondentes ao devandito parámetro durante o temporal. Si se dispón dos valores de altura de onda máxima rexistrados nas boias de Cabo Silleiro, que marcou 16,47m o 5 de novembro ás 4 da madrugada, e na de Langosteira, que marcou 15,89m o 4 de novembro ás 19h. Son cifras en ambos os casos moi elevadas, pero que non supuxeron valores marca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.