Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/11/2023 | Actualizada ás 18:08
Os traballadores que a empresa Einsa Print ten en polígono de Penapurreira, nas Pontes, concentráronse na mañá deste martes ante o edifico administrativo da Xunta en Ferrol para mostrar o seu rexeitamento ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que afectaría a 162 persoas.
"Estamos aquí porque entendemos que unha empresa que tivo unhas subvencións públicas tan grandes, que alcanzan os 50 millóns de euros, pois entendemos que as administracións non se poden quedar caladas ante un número de despedimentos tan importante", sinalou o presidente do comité de empresa, Daniel Pena (CIG).
O representante sindical detallou que na tarde deste martes teñen previsto reunirse en Santiago con responsables da Consellería de Economía, Industria e Innovación, mentres que este xoves 9 de novembro farano con responsables do Concello das Pontes. Previamennte, Pena trasladou que o mércores manterán un encontro con representantes da empresa, aínda que lamentou que a compañía envíe aos seus avogados e "nin sequera" acepte que asistan responsables de recursos humanos.
O representante sindical insistiu en que polo momento non teñen información sobre a distribución das baixas entre os persoais da planta das Pontes e as oficinas de Madrid, onde traballan 15 persoas, polo que o groso dos despedimentos produciranse en Galicia. Por último, Daniel Pena detallou que Einsa Print, dedicada ao sector das artes gráficas, "é unha das empresas con máis traballadores fixos a día de hoxe na comarca", polo que avogou por que as administracións adopten medidas ante o que sería "un golpe bastante grande" para a comarca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.