Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 18:47
O PP rexistrou unha proposición non de lei no Congreso por parte de todos os deputados para pedir o compromiso do Goberno central coa variante ferroviaria exterior de Ourense. Segundo recolle o texto da iniciativa, o Congreso "insta ao Goberno a confirmar que Adif executará na súa integridade" todos os tramos da variante exterior de Ourense LAV a Galicia.
En consecuencia, este compromiso pasa por que se impulsen todos os trámites administrativos e orzamentarios que permitan o primeiro trimestre de 2024 licitar as obras dos tramos pendentes: Conexión Seixalbo-Seixalbo; Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense". O deputado do PP por Ourense, Celso Delgado expresou que están "realmente preocupados" tras coñecerse a programación das obras sobre a estación intermodal da cidade das Burgas, polo que piden este compromiso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.