Por Xurxo Salgado | Lugo | 28/02/2025 | Actualizada ás 21:45
Como ves a Besteiro que ti, ademais, coñecelo ben?
Efectivamente. Eu sempre tiven unha boa relación, moi boa con el. Cando era opositor, por exemplo, eu xa era avogada e tiñamos relación. Logo chamoume para decirme que me parecía entrar no Consello Social da USC. Eu, daquela, daba clase no Máster de Abogacía e era algo que me gustaba moito entón… El sempre foi unha persoa moi ilusionante a pesar de que pasou momentos moi complicados. Creo que está nun bon momento, asentándose no partido. Creo que estamos facendo un cambio importante, con ilusión, vese a nivel nacional. Está facendo unha labor de ilusión. Eu confío moito nesa labor de ilusión. Fai falta no partido. Foron momentos complexos…
E agora hai un congreso e houbo xa moitas voces críticas e grandes problemas; os críticos de Gonzalo Caballero, o follón en Santiago…
Si, temos o Congreso galego o 8 e 9 de marzo. Estamos traballando moitísimo, mesmo con emendas desde o grupo municipal, desde a agrupación municipal socialista que presido. E que haxa críticos creo que axuda, porque motiva máis.
E o máis lóxico non é que os críticos presenten unha alternativa?
Besteiro ten moitísimo apoio. Voces críticas as hai sempre en todos os sitios. Dá igual o partido político que sexa. Tamén hai críticos en asociacións, federacións… pero eu a Besteiro véxoo moi forte e o partido, unido.
Estará forte e unido pero non hai moito relevo xeracional. Por que o PSdeG xa non atrae á mocidade como si o fai o BNG, ou mesmo o PPdeG?
Cada momento é moi particular, pero si é certo que é unha débeda que temos que intentar resolver. Permitir a integración de máis xente. Na agrupación municipal de Lugo, fai 4 anos, non existía Xuventudes Socialistas. E agora é a agrupación máis grande de toda Galicia. É certo que esta é unha labor tremenda de captación de xente, saber explicarlle a esa xente o noso proxecto e tentar chegar á xunventude.
Pois se dis que con vós funciona, non haberá que trasladar ese ese modelo ao resto do teu partido en Galicia?
Aquí xa o practicamos no goberno. Teño unha concelleira de Muller con 30 anos e o de Deportes, con 31. Ver xente nova nos gobernos é moi importante moi importante. Que se vexa que hai xente nova e con ilusión. Eu creo que un mozo ou moza con 30 anos está perfectamente posicionado para formar parte dun goberno. Ademais, este goberno ten tres personas menores de 40 anos e iso dá unha imaxe moito máis moza da política da que se daba fai uns anos. Creo que é importante, cando se fan as listas, dar entrada a xente moza. Non podemos dar a imaxe dun partido viejuno. É certo que ese é un déficit moi importante que se ve no partido, tanto a nivel galego e nivel federal, pero creo que estamos traballando ben nese edio. Somos conscientes da necesidade de que entre ese relevo xeracional. E iso eu estouno vendo xa na provincia de Lugo con distintos alcaldes e alcaldesas mozas como Carmela e Burela, Cajoto en Foz, Marta en Vilalba.
E xa para rematar, non botas en falta a túa vida de avogada?
Pois boto moito en falta aos compañeros, aínda que sigo tendo moita relación con eles. De feito, hai un grupo de compañeros que nos reunimos unha vez ao mes sempre. Facémolo desde os 25 anos. Ceamos un día xuntos. Pero boto moito de menos ese compañerismo da miña profesión. A min me gustaba moito a miña profesión, teño que decilo, aínda que agora xa a estou vendo un pouco de lonxe. Van pasando os anos e agora estou moi ilusionada co que teño e xa non estou pensando na avogacía. A avogatía gustoume sempre moitísimo e o exercicio profesional moitísimo pero agora estou un momento que me gusta moito que estou facendo.
Pois que che siga gustando por moito tempo…
Si, iso agardo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.