O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
A súa familia é a propietaria de gandaría Quintián, no concello lucense do Páramo, e dende ben nova, esta paramesa de 23 anos se interesou pola gandaría e os concursos, algo que quere vincular á futura profesión que está estudando: veterinaria.
  comenta   0
Acada xa os 20.000 seguidores na súa canle de Tik Tok, onde o vídeo máis viral foi no que tocaba a canción de ritmo latino 'Dime si le comento a la pura' coa pandeireta. Hoxe o GC descúbreche a esta rapaza que ten moito arte!
  comenta   0
Francisco González, presidente da Asociación Galega de Cetreiros e responsable de Falcóns Galicia asegura que relevo xeracional si hai, vinculado tamén ás exhibicións que se fan nas feiras, pero o problema son os trámites burocráticos para ter unha ave.
  comenta   0
Non estaba nos plans de Cristian Mayor e Jose Pejo, os dous únicos membros da comisión de festas de Pasarela, pero "cando nos chamou o axente da París hai cousa duns días para dicirnos que lles quedaba libre a data pensamos que oportunidades así non se poden desaproveitar".
  comenta   0
Xosé Antón Rodríguez, catedrático de economía na Facultade de Económicas e Empresariais da USC, analiza neste artigo a política económica de Galicia e aporta posibles suxerencias para mellorala.
  comenta   0
O País contabiliza 18 traballadores de menos de 25 anos por cada 100 persoas en idade de abandonar o mercado laboral.
  comenta   0
Á crise de 'microchips' e á falta de compoñentes para poder reparar as avarías de certos vehículos, súmase agora o problema de pezas de coches novos que, ao non poder ser cambiadas por partes, precisan sen substituídas enteiras, o que supón un bo golpe económico para o cliente. Ricardo Borrajo, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), así nolo conta a Galicia Confidencial.
  comenta   1
Esta 'instagramer' asegura que moitos mozos queren seguir coas vacas dos seus pais, pero non saben como, pois non contan con axudas nin con ninguén que lles forme para facelo. "Aquí en Melide estivemos un día botando contas e nas granxas da redonda o relevo xeracional que hai cóntase cos dedos das mans", asegura.
  comenta   1
No 2015 había un total de 48 concellos na provincia de A Coruña (o 51 %) nos que o número de menores de 15 anos non representaba nin o 10 % da poboación total. Na de Pontevedra, eran 15 (o 22,7 %); na de Lugo, 58 (o 86,6 %); e na de Ourense, 82 (o 89,1 %).
  comenta   3
Tendo en conta que en Galicia hai 250.000 donos de eucaliptais, todos os galegos temos un coñecido ou un familiar que recibiu a chamada de Ence interesada en comprar. Mais agora sáelle unha dura competidora: a lusa Navigator, a pasteira máis grande de Portugal, que ten xa 1.000 hectáreas de eucalipto na nosa terra.
  comenta   0
Elena Fabeiro pon de manifesto a necesidade de facer unha revisión da Lei de Artesanía actual para garantir o relevo xeracional de determinados oficios e artes.
  comenta   0
"A falta de relevo xeracional é moi preocupante no futuro", di Miguel Ángel Iglesias, patrón maior de Rianxo. A crecente presenza de "traballos máis modernos" provoca a falta de interese polo mar na xente nova do pobo. A Covid e a crise económica agravan a situación.
  comenta   0
O Sincato denuncia uns tributos "inxustos" que dificultan a transmisión de negocios pais a fillos, principal vía para a continuidade do agro galego.
  comenta   0
Os sinistros con maquinaria agrícola levan tempo á orde do día nas aldeas galegas; e son varios os condicionamentos que entran en xogo para que case 170 persoas falecesen nunha década por esta causa.
  comenta   5
A Asociación Fonte do Milagro vén de resolver o seu relevo xeracional para acometer unha das festas máis tradicionais do Courel, a da Festa da Pisa. Este ano a comisión organizativa está composta por 3 fillos de socios/as que collen o testemuño dos ‘veteranos’.
A directora xeral de Pesca insiste no actual reparto de cotas porque "ten en conta todas as variables arredor da pesca artesanal". Nesta entrevista, Rodríguez Moreda defende os seus argumentos segundo os datos que ten a Consellería, aínda que entende que se poden facer máis polo miúdo.
  comenta   0