Ana Miranda estará este sábado na investidura do novo presidente de Uruguai

Considera que o país "recupera a esperanza" tras anos de mandato de Lacalle Pou, "amigo" do expresidente da Xunta e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2025 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asistirá este sábado, en Montevideo, á toma de posesión do novo presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, da Fronte Alta, un goberno co que considera que o país "recupera a esperanza" tras anos de mandato de Lacalle Pou, "amigo" do expresidente da Xunta e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo. Neste sentido, Miranda resaltou nun comunicado a importancia do cambio de goberno fronte a anos de "políticas restritivas de dereitos" que "non beneficiaron ás clases populares uruguaias", que "si foron beneficiadas" nos gobernos de Fronte Alta, partido de Pepe Mujica. Na mesma liña, a eurodeputada cualificou de "evidente" o "retroceso político" que se viviu no país co último goberno, ao que tamén culpou do peche da Casa de Galicia de Uruguai.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda | Fonte: BNG - Arquivo

En relación con esta institución fundada por emigrantes galegos a principios do século XX, tamén resaltou a postura defensiva que no seu momento adoptou a Fronte Alta. É a cuarta vez que Miranda se achega á toma de posesión dun presidente da Fronte Alta, xa que tamén estivo presente nas investiduras de Tabaré Vázquez en 2005 e 2015, e na de Mujica en 2010. A eurodeputada do BNG aproveitará a súa estancia no país latinoamericano para manter reunións con diversos representantes do partido gobernante, entre as que destaca un encontro con Mujica, así como coa colectividade galega en Uruguai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta