Un nutrido grupo de persoas arroupa ao novo mandatario nun acto tinguido polo recordo de Alvarellos
Rubén Arroxo (BNG), que ocupou o cargo de forma provisional estes días, anunciou unha reunión da comisión de seguimento do pacto de Goberno
Este era o segundo funeral por Alvarellos, xa que o primeiro, o luns pasado, foi de carácter familiar, aínda que tamén tivo unha gran afluencia de personalidades. O Concello anunciou un acto civil en datas próximas.
A decana do CPXG, Belén Regueira, e a investigadora Mari Lires, recollen os Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez.
  comenta   0
Miguel Fernández será investido alcalde de Lugo o vindeiro martes nun pleno ás 19,00 horas en substitución da falecida Paula Alvarellos.
O partido deberá escoller a un dos membros do grupo municipal, no que está o que fora número dous da lista que en 2023 liderou Lara Méndez, Miguel Fernández, quen xa soou para substituír á agora deputada autonómica. Outra posibilidade pasa pola secretaria xeral do PSOE local, Ana González Abelleira.
O acto de entrega, que terá lugar o venres 7 de marzo, incluirá unha homenaxe a Paula Alvarellos polo seu compromiso co feminismo
  comenta   0
A alcaldesa de Lugo destaca a necesidade de renovación dentro do seu partido. Nesta entrevista lembra que no seu goberno e na agrupación municipal socialista están tentando atraer xente nova. Sobre as voces críticas con Besteiro di "que axuda, porque motiva máis".
  comenta   0
A alcaldesa de Lugo fixo xa un máster sobre como xestionar un concello neste ano e pouco que leva no cargo. Nesta entrevista con GC repasa a situación da política local e enfatiza na importancia do desenvolvemento urbanístico. Observa un cambio positivo nas relacións coa Xunta desde a chegada de Rueda pero critica duramente a oposición que fai o grupo municipal Popular.
A alcaldesa de Lugo di que "chegan tras 15 anosd e demandas". Os dous novos edificios de Garabolos suman 70 e 74 pisos, respectivamente, e estarán dispoñibles en 2026.
Bombeiros de Lugo regresan a Galicia tras axudar nas tarefas de limpeza en poboacións afectadas pola DANA. Outros, como os de Ourense ou os da provincia da Coruña, seguen alá.
  comenta   0
A Deputación de Lugo habilitou o aparcadoiro do Fogar de Santa María, dispoñible para a cidadanía de luns a venres, de 16:00 a 00:00 horas, e as fins de semana e festivos, de 08:00 a 00:00 horas
  comenta   0
Segundo confirman a Europa Press fontes do Concello de Lugo, a rampla estivo operativa menos de dúas semanas porque a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil vai desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Non entanto, a concesión é por 20 anos, polo que o acceso ao baño volverá o próximo ano.
"Imos seguir avanzando neste obxectivo irrenunciable. Neste sentido, realizaremos un seguimento deste asunto e das súas distintas fases para alcanzar esta necesaria conexión co Eixo Atlántico", subliñou Paula Alvarellos
O presidente da Xunta e a alcaldesa de Lugo rematan sen acordo sobre a Rolda Este ou o Sacro Corazón, pero avanzan en infraestruturas en polígonos.
Galicia foi a terceira comunidade autónoma con maior volume de subvencións recibidas no marco do Perte Agro, cun total de 16 empresas beneficiarias e unha partida acumulada de máis de 14 millóns de euros.
  comenta   0
O Executivo galego sostén que o obxectivo desta nova rolda que Rueda prevé activar en xuño é "manter un diálogo continuo" cos representantes das administracións locais
  comenta   0
A rexedora luguesa incidiu este luns en que mantén "a man tendida" para colaborar con "todas" as administracións de cara a lograr "o progreso de Lugo", segundo recolle un comunicado do goberno local.
Os populares culpan ao Executivo de deixar sen cobertura a cidade todas as noites e as fins de semana a pesar de recadar 26,6 millóns de euros.
Elena Candia responsabiliza á alcaldesa, Paula Alvarellos, da débeda contraída cos traballadores denunciada o xoves por sindicatos.
"O Arde Lucus era a súa vida. El empezou hai moitísimos anos nas asociacións e á marxe do seu traballo o resto do tempo dedicábao a pensar en iniciativas para o Arde Lucus. Sempre estaba maquinando. Aínda que estaba enfermo, seguía debuxando", confesou, visiblemente emocionada, a súa viúva.
"Este é o modo no que debemos actuar ante casuísticas onde non se concilia o dereito ao lecer dunha parte da poboación co necesario e lexítimo ao descanso da cidadanía ou cando o incumprimento da legalidade pon en perigo a integridade dos propios usuarios e usuarias destes locais", explicou a rexedora de Lugo.
Esta situación levou que os labores de peonalización da rúa Ramón e Cajal se continúen por outra zona "baixo un control estrito", segundo informa o Concello de Lugo, mentres que o servizo de arqueoloxía procede a limpar, estudar e ditaminar a relevancia arqueolóxica dos restos atopados.
O Caudal Fest, que se celebrará en Lugo o 20 e 21 de setembro, presentou o seu cartel por días e iniciará a venda de entradas de día o vindeiro xoves ás 12,00 horas.
Alvarellos agradeceu tamén aos socios de goberno por "a súa discreción e o seu apoio" e aos empregados públicos, "alicerce fundamental" da vida local, así como á oposición, "esa figura tan necesaria para as democracias plenas".