Así son as oposicións no Sergas: 22.197 persoas para 1.086 prazas ofertadas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O Sergas publicou este venres no DOG a resolución definitiva de profesionais admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 51 categorías de persoal estatutario. Un total de 22.197 persoas admitidas para ocupar as 1.086 prazas ofertadas.

Ademais da lista de admitidos, tamén se publicaron aos excluídos, un 7,8 por cento dos profesionais inscritos, así como aos exentos e non exentos do exercicio da lingua galega.  Dentro das categorías con maior número de aspirantes admitidos, atópanse os celadores, con 8.290; os auxiliares da función administrativa, con 7.782; e os fisioterapeutas, con 1.107.

Das 1.086 prazas ofertadas, 624 corresponden á quenda de acceso libre, 375 a promoción interna, 62 a discapacidade xeral e 15 á quenda de discapacidade intelectual na categoría celador.

Estas 1.086 prazas engádense ás xa anteriormente ofertadas 1.556 prazas da categoría de enfermaría, 789 da categoría de auxiliar de enfermaría e 196 de persoal de servizos xerais, así como ás 150 prazas na categoría de médico de familia, e as 1.808 prazas ofertadas mediante sistema de concurso de méritos.

Para contribuír á redución de temporalidade no emprego público están en desenvolvemento os procesos selectivos para un total de 105 categorías de persoal estatuario que permitirán a incorporación de 5.585 profesionais de persoal fixo.

Máis de 9.000 aspirantes convocados ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas
Máis de 9.000 aspirantes convocados ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta