Soldadores, choferes e electromecánicos, entre os mozos africanos que chegaron a Sanxenxo

O alcalde da localidade pontevedresa, Telmo Martín, sinalou que os 54 mozos migrantes que chegaron a Canarias desde a costa africana e que son acollidos desde o xoves na localidade, pediron traballo e son "xente preparada".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/11/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O alcalde da localidade pontevedresa de Sanxenxo, Telmo Martín, sinalou que os 54 mozos migrantes, que chegaron a Canarias desde a costa africana e que son acollidos desde o xoves na localidade, pediron traballo e son "xente preparada". "Todos queren traballar. Hai soldadores, choferes, electromecánicos. Son xente preparada, nova, e é unha pena que a lei, con todo o que esta pasando, non teña unha maneira de rapidamente poder darlle a esta xente un traballo, unha oportunidade na vida. Non o entendo", subliñou.

Un dos migrantes, un mozo de 24 anos e procedente de Senegal, traballaba, no seu país de orixe, nunha fábrica de peixe e preguntou varias veces se en Galicia había este tipo de empresas para poder traballar. O alcalde mostrouse satisfeito por todas estas peticións e púxose a disposición da ONG Accem, encargada de dar apoio e acompañamento a estas persoas, para "calquera cousa" na que poidan colaborar.

O Hotel Baixamar é o lugar que os acolle e o seu director, Jorge González, mostrouse "encantado de atendelos, recibilos, contribuír e achegar" e aínda que non puido precisalo, estima que estarán aloxados alí "sobre un mes". Os migrantes chegaron a Sanxenxo pouco antes das 7.00 horas da mañá do xoves e viaxaron en autobús desde o Aeroporto de Barajas, ao que chegaron en avión desde Canarias. Tamén o xoves, outras dez persoas chegaron pola mañá a unha pensión de Sobrado dos Monxes e súmanse aos 40 migrantes que, hai 10 días, chegaron á localidade pontevedresa do Porriño.

Varios migrantes procedentes de Canarias, no hotel Baixamar, a 10 de novembro de 2023, en Sanxenxo
Varios migrantes procedentes de Canarias, no hotel Baixamar, a 10 de novembro de 2023, en Sanxenxo | Fonte: Elena Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lembrades que botamos unha semana escoitando o malísimo que eran os do PP que non querían acoller emigrantes ? E agora que os acollemos, só imos pagarlles a estancia 1 mes ? Ata o alcalde Telmo dí que non o entende (como sendo xente preparada non teñamos xeito de darlles un traballo, unha oportunidade na vida. Pero agora ninguén fala da política migratoria do Goberno Progresista ? Nin das ONGs colaboracionistas que reciben e xestionan os cartos dos Programas de Acollida ? Un chisco raro, este mundo que temos montado ? O Proxecto non se pode poñer en marcha, por un detalle legal (seica) http://gamela00.blogspot.com/2020/1... Pero podemos rexistrar unha lei de Amnistía en menos de catro días...? Está ben o conto....