Xogo de equilibrios no PSdeG

Finalmente, non houbo gañadores nin perdedores. Todo quedou como estaba, ou casi, porque o PSdeG, a pesar do criterio de Touriño, xogou a equilibrar forzas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/07/2008 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Os grandes perdedores deste cónclave son os seguidores de Ismael Rego, fiel escudeiro de Touriño durante anos e, agora, en horas moi baixas. Perdeu a dous dos seus membros, Natividad González Laso e Pablo López Vidal e mesmo veu reducido o papel da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ó de mero vocal. Unha victoria do sector de Varela e Vázquez que o presidente galego non tivo ningún problema en dixerir a cambio doutras concesións.

Tamén quedou en terra de ninguén o sector de Louro, que aínda que se mantén no núcleo duro do partido, perde efectivos. Mantén a Meijón e Pose pero nunha posición incomoda, sen decantarse por dar o seu apoio a Touriño ou ó partido.

E aínda que algúns aseguran que Touriño xa non ten rivais, o certo é que botando contas, as cousas seguen como estaban, ou case. Tal e como avanzamos aquí, o PSdeG dotouse dunha estructura idéntica ao do PSOE, unha fórmula que o propio Touriño e Varela descartaron en varias ocasións e que se rescatou o sábado durante un encontro que mantiveron Touriño, Blanco e Varela para perfilar, definitivamente, a composición dos novos órganos socialistas. Deste xeito permitese a continuidade, sen que caia en contradicción coa nova estructura do PSOE, dos altos dirixentes do partido nas estructuras do Goberno galego, como é o caso de Varela, sen que estes perdan atribucións nin poder.

E, durante o cónclave, tamén se lanzou unha idea; Touriño pode adiantar as eleccións ó outono. Unha proposta que ten como finalidade meter medo a nacionalistas e populares, especialmente ós primeiros que aínda non celebraron a súa asamblea para elexir candidato, pero que ten poucos trazos de levarse a cabo, principalmente, polo retraso de certos proxectos de lei que Touriño prometeu que ía aprobar durante esta lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 bule bule

Os douscentos, Óscar?? Uy uy uy, que lle estás a face-lo xogo ó PP. E ademáis es un antipatriota.
Pois nada, quédome máis tranquilo, por que un individuo que cre que o seu país é a súa finca particular (a que me soa iso?), vanos a da-lo petróleo a 100 dólares. Iso ata que volva a coller outro rebote ou se lle crucen os cables, que non sería nada raro, e diga de 100 $ nada... a 200!! Se isas son as medidas "fiables" contra a "non-crise", apaga e ímonos.
Hoxe o noso presidente Touriño foi a recoller ordenes...digoo..a presionar para conseguir inversións para Galicia. Non sei nada da entrevista, pero seguro que a cousa foi así: touriño chega. Tensión e dor de barriga entre os periodistas a ver se Zapatero faille un xesto de indulxencia (baixando uns peldaños) ou faille subir só eses peldaños (mal asunto). Falan unha hora do tempo e de fútbol, e o cabo desa hora, Touriñín da unha rolda de prensa onde di os galegos todo o que nos gostaría escoitar: AVE no 2012, millóns a moreas para infraestructuras e industrias, etc etc. Logo chega a triste realidade. E así levamos 3-4 anos, onde se quitas a Touriño e Zapatero e pos a Fraga e Aznar o cadro é o mesmo. 3-4 anos máis e o voto emigrante sen resolver. E logo falan de "cambio".
En fin..a todo isto, hai algunha alma caritativa que me diga o único importante desta visita?? Se Zapatero baixou ou non baixou os peldaños?? Grazas pola vosa participación.

11 Torito

Eu son o gañador, recordade o que lle dixen o Pachi, "non me votes un pulso...". Que se dé por morto con que gañe as proximas; no mellor dos casos po Senado.
Pablito (o das Maletas) como lle chamades algún, é certo que e un bon maleteiro e ainda por enrriba aplaude ben, ata se lesionou nos derradeiros días e tiveron que vendarlle-las mans. !Probe¡ si gaño nomeareino chófer.

10 Oscar

No PSdeG é fácil facer equilibrios porque é un partido xa con bastante poder e que aínda adquirirá máis, e por iso hai onde colocar a todos. Os congresos do PP e do BG terán moita máis tensión, e por iso o poderase evitar finalmente a maioría do PP; pois en época de crise, a xente prefire mediocre pero organizado a penoso, reminiscente do caciquismo e cheo de tensións.
Non creo que recuperen o poder.
Por certo, tanto que se fala de medidas ou non medidas contra a crise, aproveito para lembrar que o outro día pasou pola Moncloa Hugo chávez, e firmouse un acordo para suministrar petróleo a 100 dólares o barril. Tende en conta que está a bastante máis, e chegará aos douscentos. Iso Rajoy non o faría. Acordávevos do querido trío das Azores condo vaiades ás gasolineras, e da promesa de Ana Palacio de que iamos ter a gasolina baratísima. E acordádevos do Fragasaurio se pasades por Santiago e vedes o despilfarro que se está a facer grazas a el na Cidade da Cultura e coa que está a caer. Para que falen de medidas.

9 Fran

Zapatero non asistiu por culpa da morte dun familiar moi achegado. Bule bule, ou andas desinformado ou ves inimigos necesarios para reforzar as túa ideas.

8 anónimo

maletas? qué maletas?
¿pero a qué viene tanta inquina con el tal pablito ese? ¿qué hizo el pobre hombre eses? ¿no os estareis confundiendo de persona? ¿es el coruñes que es futbolista de la cultural leonesa o es alguien distinto?