Xogo de equilibrios no PSdeG

Finalmente, non houbo gañadores nin perdedores. Todo quedou como estaba, ou casi, porque o PSdeG, a pesar do criterio de Touriño, xogou a equilibrar forzas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/07/2008 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Os grandes perdedores deste cónclave son os seguidores de Ismael Rego, fiel escudeiro de Touriño durante anos e, agora, en horas moi baixas. Perdeu a dous dos seus membros, Natividad González Laso e Pablo López Vidal e mesmo veu reducido o papel da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ó de mero vocal. Unha victoria do sector de Varela e Vázquez que o presidente galego non tivo ningún problema en dixerir a cambio doutras concesións.

Tamén quedou en terra de ninguén o sector de Louro, que aínda que se mantén no núcleo duro do partido, perde efectivos. Mantén a Meijón e Pose pero nunha posición incomoda, sen decantarse por dar o seu apoio a Touriño ou ó partido.

E aínda que algúns aseguran que Touriño xa non ten rivais, o certo é que botando contas, as cousas seguen como estaban, ou case. Tal e como avanzamos aquí, o PSdeG dotouse dunha estructura idéntica ao do PSOE, unha fórmula que o propio Touriño e Varela descartaron en varias ocasións e que se rescatou o sábado durante un encontro que mantiveron Touriño, Blanco e Varela para perfilar, definitivamente, a composición dos novos órganos socialistas. Deste xeito permitese a continuidade, sen que caia en contradicción coa nova estructura do PSOE, dos altos dirixentes do partido nas estructuras do Goberno galego, como é o caso de Varela, sen que estes perdan atribucións nin poder.

E, durante o cónclave, tamén se lanzou unha idea; Touriño pode adiantar as eleccións ó outono. Unha proposta que ten como finalidade meter medo a nacionalistas e populares, especialmente ós primeiros que aínda non celebraron a súa asamblea para elexir candidato, pero que ten poucos trazos de levarse a cabo, principalmente, polo retraso de certos proxectos de lei que Touriño prometeu que ía aprobar durante esta lexislatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 militante

Non creo que Touriño saira gañando logo do congreso. A xente do partido non o ve así ainda que os medios digan o contrario. Levou un bo tirón de orellas co dos independentes e seguro que tomou nota. Agora todos xuntos a traballar para gañar as autonómicas.

1 Aquel Dalí

Hummmm... Contade algún cotilleo do Congreso, que no vran non hai noticias e isto está un pouco sosiño...!!!