O PP de Santiago pide "retirar unha instrución técnica" de medidas de seguridade en locais de hostalaría

O Concello de Santiago considera "gravísimo" que o portavoz do PP local demande isto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago considera "gravísimo" que o portavoz do PP local pida "retirar unha instrución técnica" que guiará a revisión das medidas de seguridade en locais de hostalaría e de lecer da capital galega. Segundo declarou Borja Verea este xoves, esta instrución crea "un clima de hostilidade e desconfianza" cara ao sector e acusou os nacionalistas de "pór na diana a todos os restaurantes, bares e cafetarías como presuntos delincuentes" que "requiren unha vixilancia especial". Así mesmo, cualificou de "erro político" unha decisión que "converte aos centos de locais de hostalaría de Compostela nos malos alumnos que teñen que estar baixo unha disciplina especial".

Tras estas palabras, o concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, sinalou que resulta "sorprendente" que Verea "cuestione unha instrución elaborada por técnicos do servizo de licenzas e disciplina, que ten por obxectivo exclusivamente verificar o cumprimento das normativas autonómica e estatal en materia de seguridade e de prevención de incendios".

Do mesmo xeito, Lestegás cuestiona: "Que directrices daríalle el ao funcionariado se gobernase? Se fose alcalde, Borja Verea impediría que os técnicos comprobasen que os establecementos son seguros? Considera o PP un erro esixir que os locais cumpran a normativa en materia de seguridade?". Así mesmo, o Executivo local asegurou que non vai prohibir aos seus funcionarios "facer o seu traballo e verificar o cumprimento da normativa". "Parécenos gravísima esta actitude por parte do líder do PP de Santiago", censurou. O Concello explicou que a instrución que foi elaborada servirá para guiar as inspeccións para que todas as partes teñan claros os obxectivos. Vanse a verificar os percorridos de evacuación, a sinalización e iluminación de emerxencia e a seguridade contra incendios en xeral.

O líder dos populares composteláns, Borja Verea.
O líder dos populares composteláns, Borja Verea. | Fonte: PP DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta