A illa de Tambo, un paraíso para as especies vexetais... e tamén para algunhas invasoras

Un estudo sobre a biodiversidade na illa duplica o número de especies vexetais coñecidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Un estudo sobre a biodiversidade botánica na illa de Tambo --en Poio (Pontevedra)-- elevou un 107% o número de especies de especies de flora coñecidas ata a data, polo que os seus promotores piden que se reforce a súa protección natural.

En total, a investigación realizada por biólogos, enxeñeiros forestais e investigadores da USC en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) logrou identificar 237 especies de flora na illa, 123 que as que se tiña constancia a día de hoxe.

As conclusións do estudo apuntan á illa, propiedade do Ministerio de Defensa que cedeu a súa xestión ao Concello de Poio a mediados de 2022, como un espazo de "alta biodiversidade vexetal" a pesar do seu pequeno tamaño. En Tambo crecen o 10% de todas as plantas vasculares de Galicia, que suma 2.391 en total, polo que os expertos consideran que se trata dun espazo "altamente indicado" para "ser orientado á conservación da natureza" ante a súa alta concentración de biodiversidade nun espazo reducido.

O estudo tamén apunta á menor presenza de eucalipto, algo que ven ligado á elevada variedade de especie, e identifica 22 plantas invasoras. Adega fixo entrega do informe ao Concello de Poio e pedirá que os resultados sexan presentados na comisión de seguimento sobre a illa de Tambo como paso para que sexa declarada como un Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Faro da illa de Tambo, en Poio (Pontevedra). ADEGA
Faro da illa de Tambo, en Poio (Pontevedra). ADEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta