Os ingresos familiares netos para alugar unha vivenda son un 46% máis altos que no resto de España

Unha familia galega necesita un 12% máis de ingresos netos para alugar vivenda que para o pago mensual de hipoteca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O encarecemento do prezo provoca que os ingresos necesarios para alugar unha vivenda de dous dormitorios e non superar o limiar do 30% da renda recomendado se sitúe nos 22.719,25 euros netos anuais nas media do catro provincias galegas, un 12% máis que o destinado ao pago mensual de hipoteca (20.252 euros) --tendo en conta que aquí tamén son necesarios uns aforros mínimos de 43.467 euros de media en España para facer fronte á entrada--.

Segundo un estudo de Idealista, Lugo é a provincia galega que presenta maior diferenza entre os ingresos medios para o aluguer (20.152 euros) e para a compra (15.726 euros), dun 28%. Séguelle Ourense, cunha diferenza do 20%. En cambio, esa diferenza acúrtase ao 9% en Pontevedra e é só do 1% na Coruña.

Os ingresos familiares netos necesarios para alugar unha vivenda son un 46% máis altos que os que se necesitan para comprala en España, segundo Idealista. Así, do informe conclúese que os ingresos necesarios para alugar unha vivenda de dous dormitorios e non superar o limiar do 30% dos ingresos que se recomenda sitúase nos 31.550 euros netos anuais na media do país, un 46% máis que o necesario para a cota hipotecaria no caso de comprar a mesma vivenda, que se sitúa en 21.561 euros netos, ao que habería que engadir uns aforros mínimos de 43.467 euros.

Entre os grandes mercados, Valencia é o que rexistra unha maior diferenza entre os ingresos netos necesarios para o aluguer e a compra, xa que se sitúa no 56%. Séguenlle Barcelona (39%), Sevilla (33%), Bilbao (32%), Madrid (24%) e Málaga (15%).

Piso e vivendas en aluguer
Piso e vivendas en aluguer | Fonte: EP

RUEDA AVOGA POLA VIVENDA PÚBLICA DE ALUGUER

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avogou por priorizar a vivenda pública en réxime de aluguer por ser unha opción "máis áxil", aínda que sen descartar a venda, segundo expuxo, a preguntas dos xornalistas, na entrega de 40 novas vivendas protexidas no barrio coruñés de Xuxán. "A vivenda é un dereito e unha obrigación das administracións facilitalo", sentenciou Rueda quen, cuestionado se as que promoverá a Administración galega serán en venda ou aluguer, manifestou que a "maioría da xente" que opta ás de promoción pública prefire de aluguer.

"Iso non quere dicir que se esgote a posibilidade de venda ou que os que estean en lista de espera para acceder a propiedade poidan facelo ou poidan cambiar ao aluguer". "Nestes momentos para ser áxiles na construción e posta a disposición debe ser o sistema que sigamos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta