Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2023 | Actualizada ás 11:09
Preto de 3.000 médicos que exercen na sanidade pública galega terán en 2028 máis de 65 anos, o que pon de manifesto que a curto prazo se producirán no Servizo Galego de Saúde (Sergas) unha avalancha de xubilacións que, segundo O´Mega -o único sindicato médico con representación en Galicia-, non fará máis que agudizar a situación actual, "con persoais mermados e, á vez, a precariedade laboral de moitos facultativos".
Un de cada tres facultativos da sanidade pública galega cumprirán 66 ou máis anos dentro de cinco anos e só este ano alcanzararon a idade legal de xubilación 143 médicos do Servizo Galego de Saúde. "A situación é tal -sinala Manuel Rodríguez, secretario xeral de O´Mega- que nalgúns centros de saúde do rural galego todos os médicos tiñan xa este ano máis de 65 anos". O problema agudízase nalgúns municipios do interior de Galicia e na provincia Lugo hai xa 13 centros de saúde que suman 20 médicos con máis de 65 anos.
AUMENTAR A IDADE DE XUBILACIÓN
A Xunta solicitou ao Goberno central que cambiase a normativa que agora permite aos médicos xubilarse aos 70 anos e estendese ese límite até os 72, pero até agora non se levou a cabo esa modificación e a idade máxima para que un médico permaneza en activo segue sendo de 70 anos, aínda que moitos facultativos optan por xubilarse aos 65 e mesmo algúns comezan xa a acollerse á xubilación anticipada, algo até agora insólito na profesión e que desde O´Mega vincúlase coas malas condicións laborais que ofrece a sanidade pública galega.
O responsable do sindicato médico admite que a posibilidade de prolongar a vida laboral daqueles profesionais que así o desexen pode axudar a paliar os efectivos dunha avalancha de xubilacións, pero relativiza os seus efectos e considera que non é a solución "porque -di- non se pode esperar que un médico de máis de 70 anos cubra unha praza de urxencias ou dunha PAC (Punto deAtención Continuada) a pleno rendemento coma se tivese 35".
O sindicato médico O´Mega, que nos últimos meses veu reclamando das autoridades sanitarias galegas medidas que permitan garantir unha atención sanitaria de calidade, denuncia a falta de visión de futuro dos responsables do Sergas e vaticina que, se non se toman medidas, 2024 será tamén un ano no que os profesionais e os usuarios do medicina público volvan sufrir as consecuencias da improvisación dos responsables públicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.