Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2023 | Actualizada ás 15:05
A Xunta non ten intención de dar marcha atrás na súa política eólica a pesar de que o o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) teña anulado ata nove grandes proxectos eólicos nos últimos catro anos. O presidente galego insiste na súa política industrial e, a pesar de recoñecer a súa "preocupación" por tanta sentenza en contra, insiste en criticalas e en defender a súa política industrial con recursos xudiciais.
Rueda é tallante e mesmo critica os numerosos fallos en contra dos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. "Hai que poñer mesura", dixo a preguntas do Galicia Confidencial. "Resulta chocante que sexa sexa máis fácil paralizar unha actividade industrial que iniciala, destacou.
A maior parte das sentenzas en contra dos proxectos eólicos alegan ás fortes afectacións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais destes proxectos industriais, así como a invalidez dos estudos de impacto ambiental da propia Xunta. Son argumentos que rexeitan tanto a Administración galega como a Asociación Eólica de Galicia (AEG), que mesmo ten insinuado que existe unha ofensiva xudicial contra os eólicos en Galicia.
RECURSOS
"Hai moitas autorizacións que se dan desde a Xunta con máis requisitos do que o fai o Goberno central", xustificou este xoves Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "A min si que me preocupan as sentenzs que son en contra. Respecto a Xustiza que outros critican e atacan", dixo en ausión a socialistas e independentistas.
Con todo, e tal e como fai Junts ou o PSOE, a Xunta tamén vai recorrer vía xudicial todas as pegas que lle está poñendo o Alto Tribunal galego, que son moitas. "Non compartimos os seus criteiros e por iso os recorrimos. Confío nos técnicos da Xunta e para iso hai recursos para que nos dean a razón", suliñou o presidente galego.
A XUNTA BLINDOU OS PROXECTOS NA LEI DE ACOMPAÑAMENTO
Ante a avalancha de sentenzas xudiciais en contra e, precisamente, para acelerar os seus proxectos industriais, a Xunta incluíu en outubro deste 2023 no proxecto de lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta a declaración de "interese público superior" da planificación, construción e explotación de parques eólicos de competencia autonómica.
Así, no caso de que se presente recurso administrativo contra os actos de autorización do proxecto de parque eólico ou das súas infraestruturas de evacuación e se solicite a suspensión da execución do acto impugnado, "terase en conta o establecido neste artigo na ponderación que debe efectuarse de acordo co establecido na lexislación de procedemento administrativo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.