Por Europa Press / Redacción | O Salnés | 28/03/2025 | Actualizada ás 17:24
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu que o seu Executivo ten entre as súas prioridades actuar para buscar "unha solución racional" que permita aliviar os problemas de tráfico, sobre todo en determinados meses do ano, como no verán, que se dan no Corredor do Salnés, aínda que precisou que "non ten que ser" o "desdobramento total" da Autovía.
En declaracións aos medios, Rueda destacou que na planificación de estradas que está a levar a cabo a Xunta "está antes finalizar ou acabar a planificación de vías que xa existen" (como a Autovía do Salnés) que "abrir outras novas". A continuación, agregou que no pasado exercicio finalizábase "o rescate da peaxe na sombra que asumía a Xunta por todos os coches que utilizaban esta autovía" e garantiu que agora se tentará actuar tamén para "darlle unha solución racional" aos problemas de tráfico que se acusan segundo a tempada.
"Todos coñecemos que os picos de tráfico, os atascos e as maiores molestias, prodúcense en meses puntuais do ano", subliñou, antes de engadir que a Xunta tratará de "actuar con racionalidade para tentar mitigalo". "Non quero dicir que haxa un desdoblamento total, pero si que busquemos algún tipo de solución para apliar os evidentes problemas que se producen en meses concretos do ano", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.