BNG e CIG rexeitan o decreto de carreira profesional de investigadores

A Xunta pretende aprobar este texto a principios de 2024.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O BNG e a CIG mostrou o seu rexeitamento ao proxecto de decreto polo que se pretende regular o estatuto de investigadores I+D+i. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou o xoves que o obxectivo do Executivo autonómico é aprobar este texto lexislativo a principios do próximo ano.

Respecto diso, a CIG vota non ao proxecto de decreto ao consideralo "desintegrador, discriminatorio e sexista". Denuncia que Función Pública mantiña parado o borrador de estatuto do persoal de investigación presentado en novembro de 2022. Agora, reproba que se presentou aos sindicatos "amplamente modificado e a fume de carozo oito meses despois de presentarse alegacións".

Así, o sindicato recrimina que, tras estes atrasos, a Xunta dálles só dous días para presentar alegacións. "Función Pública deu por finiquitada a negociación sen recoller ningunha das alegacións de calado", lamenta. "Agora entroulles a présa e queren que entre en vigor a primeiros de 2024", quéixase a CIG.

Pola súa banda, Olalla Rodil (BNG) tacha de "ocorrencia en tempo de desconto" o anuncio de Rueda, á vez que defende unha política seria en I+D+i.

Carga contra a Xunta polo "enésimo exemplo dunha política nefasta en ciencia e investigación que sitúa a Galicia no furgón de cola". O Bloque reclama máis investimento, unha carreira investigadora completa e un programa ambicioso de retención, captación e retorno de talento.

Olalla Rodil (BNG), en rolda de prensa
Olalla Rodil (BNG), en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta