As farmacias de Ribadavia poderían ver ampliadas as súas quendas de garda

A xunta do goberno do Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) explicou que enviou aos titulares de botica aos que afectaría a modificación de gardas. Esta modificación afecta as boticas que compartan o mesmo Punto de Atención Continuada (PAC) de referencia da área de Ribadavia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/12/2023 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A xunta do goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) explicou que enviou aos titulares de botica aos que afectaría a modificación de gardas. Esta modificación afecta as boticas que compartan o mesmo Punto de Atención Continuada (PAC) de referencia da área de Ribadavia.

Así, nun comunicado no que dan a entender a inquietude causada, explican que esta proposta foi adiantada de forma telefónica e individual ás persoas afectadas e suporía abrir as quendas de gardas de farmacias a sete máis no caso de que estean situadas nun radio de 15 quilómetros ou 15 minutos da PAC da localidade.

O colexio aclara, así mesmo, que se abriu un prazo de dez días a todas as boticas afectadas por esta proposta previa para que presenten as súas suxestións, alegacións e consideracións ao texto, que conclúe a finais desta semana. A data de hoxe luns, non se recibiu ningunha resposta por ningunha canle oficial.

Ademais, a entidade colexial lembra que esta proposta se fai en virtude dun decreto da Consellería de Sanidade que lle faculta para propor e reconfigurar quendas de garda en determinadas zonas semiurbanas, rurais e pequenos núcleos de poboación co obxecto de realizar unha distribución máis equitativa da carga de traballo nas farmacias daquelas zonas que comparten un mesmo PAC de referencia.

Interior dunha farmacia
Interior dunha farmacia | Fonte: Mateo Lanzuela - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta