A Xunta di que avogados e procuradores galegos de oficio están "mellor" que noutras autonomías

Con todo, a Administración galega ábrese a "mellorar a súa situación".

Por E.P. | A CORUÑA | 15/12/2023 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Xustiza, Diego Calvo, manifestou que avogados e procuradores da quenda de oficio están en Galicia "mellor" que noutras autonomías, aínda que apelou a traballar "para que a súa situación siga mellorando".

En declaracións aos xornalistas, manifestou que o Goberno galego leva "desde hai moitos anos traballando" cos colexios de avogados e procuradores para introducir "compensacións polo seu traballo".

Ademais, alegou que demandas expostas polo colectivo na folga indefinida que manteñen desde o 21 de novembro "están a pagarse xa en Galicia". Así, aludiu a "compensacións co IPC, que é outra das reclamacións".

"Falamos de poder seguir aumentando o prezo dos servizos", sentenciou tamén ao referirse a as conversacións cos colexios que agrupan a este colectivo. Por todo iso, manifestou que a situación en Galicia "non é comparable a outros territorios", aínda que se mostrou aberto a poder "seguir mellorando", dixo na inauguración das obras de remodelación do polideportivo Agra II.

Protesta de avogados e procuradores da quenda de oficio. SINDICATO DE AVOGADOS VENIA
Protesta de avogados e procuradores da quenda de oficio. SINDICATO DE AVOGADOS VENIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta