Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/12/2023 | Actualizada ás 12:59
A Garda Civil do Posto de Ortigueira, en colaboración co Equipo de Resposta aos Delitos de Odio (REDO) da Comandancia da Coruña, detivo a un home como presunto autor dun delito de odio. Entre as pintadas, algunhas nas que acusaba ás mulleres feministas de "asesinas, maltratadoras ou gordas".
Os feitos ocorreron por mor das diversas denuncias interpostas nas dependencias oficiais da Garda Civil en Ortigueira, comunicando a aparición de pintadas ameazantes nas que se arremetía contra o colectivo feminista e danos en diversos establecementos tanto públicos como privados, causando gran alarma social, especialmente entre as mulleres.
A Garda Civil iniciou unha investigación, logrando tras a análise exhaustiva da información solicitada, a identificación plena do presunto autor dos ilícitos, resultando ser un veciño de Cariño, procedendo á súa detención como presunto autor dun delito de odio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.