Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 18:59
O 39% da poboación galega ten sobrepeso e o 16,5% ten obesidade, segundo reflicte un estudo difundido pola Xunta no que apunta que seis de cada 10 galegos non fan exercicio e o 41% son sedentarios.
Os datos facilitados polo Goberno galego este luns cifran en 849.000 as persoas adultas que teñen sobrepeso e en 357.000 as consideradas con niveis de obesidade.
O estudo está recollido no plan galego de Obesidade Zero, tema sobre o que versa unha exposición que pode visitarse esta semana no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
Así o recolle un comunicado da Xunta no que apunta que a metade da poboación galega ten "algún problema de obesidade ou de soprepeso", que constitúen factores de risco para enfermidades crónicas e algún tipo de cancro. O plan marca como meta reducir de forma progresiva estas cifras ata alcanzar un descenso da prevalencia do 5% no ano 2025 e ata un 15% en 2030.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.