A unidade de ictus de Santiago, unha das mellores de Europa pola abordaxe e tratamento da enfermidade

A unidade do ictus do Servizo de Neuroloxía da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, recibiu a máxima acreditación, nivel diamante, que outorga a Organización Europea do Ictus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A unidade do ictus do Servizo de Neuroloxía da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, recibiu a máxima acreditación, nivel diamante, que outorga a Organización Europea do Ictus. Este recoñecemento concédese pola excelencia na abordaxe e tratamento desta enfermidade, e polos coidados ofrecidos ás persoas afectadas con esta doenza e ás súas familias.

Para conseguilo, a unidade tivo que alcanzar "os máis esixentes estándares de calidade asistencial" marcados pola European Stroke Organization (ESO), lembrou a Xunta. Esta organización analiza os tempos de actuación na patoloxía vascular cerebral, así como os resultados de seguridade e eficacia dos tratamentos administrados no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela nos últimos anos.

A área sanitaria compostelá creou a primeira unidade de ictus de Galicia no 2004 e foi o centro de referencia para toda a comunidade ata a posta en marcha do Plan Ictus de Galicia en 2016. Segundo os datos oficiais, cada 6 minutos o ictus mata a unha persoa en España. Cada ano, ao redor de 130.000 españois sofre un ictus, sendo a segunda causa de mortalidade en España, a primeira en mulleres. As estimacións din que un terzo dos enfermos que sofre un ictus falece e outro sufrirá discapacidade, o que lle impedirá valerse en por si.

Desde xaneiro ata mediados de decembro deste ano 2023, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ingresaron 659 pacientes con ictus. Grazas á existencia da unidade, aproximadamente o 44 %dos enfermos que acudiron a Urxencias afectados dun accidente cerebrovascular (1.152 no que vai de ano) puideron ser dados de alta desde o propio servizo de urxencias.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta