Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2023 | Actualizada ás 13:24
A procura dun octoxenario desaparecido en Teo (A Coruña) prosegue, segundo informaron desde a Garda Civil. Faino coa participación de distintos servizos de emerxencia.
Nos últimos días, membros de Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e submarinistas participaron no citado dispositivo. En concreto, os labores desenvólvense no río Ulla ao seu paso polo núcleo de Pontevea, dado que na ponte foron localizadas este mércores prendas do desaparecido.
O home, con problemas de saúde e mobilidade, falta do seu domicilio desde o pasado mércores pola mañá. A localización de pezas na ponte de Pontevea centrou xa desde entón a procura nas inmediacións da praia fluvial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.