Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2024 | Actualizada ás 11:46
Distintas organizacións ecoloxistas levan días tentando organizar aos numerosos voluntarios que se están achegando ás praias galegas contaminadas polos microplásticos que centos de bolsas de péllets dun barco a multinacional Maersk deixaron espalladas desde a ría de Muros e Noia ata a ría de Ribadeo.
Este mesmo domingo están organizadas varias quendas de limpeza. Neste documento están as horas e lugares de limpezas de praias en toda Galicia. Ante a falta de resposta das administracións, principalmente da Xunta de Galicia que lle bota a culpa ao Goberno central, os ecoloxistas están organizandose con distintos concellos para que subministren recipientes nos que depositar os plásticos.
CONSELLOS
Ente os consellos que dan é que as voluntarias leven uvas imperbeabilizantes duras ( non latex), mascarilla, bolsas de plástico/capachos e tirar aos contedores que poñan os concellos e como segunda opción ao contedor amarelos, tapices e coladores para recoller e lembran que se se sabe dalgunha praia afectada que non estea rexistrada que se chame ao 112.
"O mellor e poñerse de acordo cos concellos e asociacions da zona para facer acopio desde material nun único punto para poder facer un reconto da cantidade de material recuperado. Non deben ir a ningún tipo de contedor ordinario, pois polo tamaño que ten e o material de que se trata, no vai a poder ser recuperado de xeito ordinario", advirten desde Adega que fala xa dun "Prestige 2 en toda regra".
Ante a multitude de mensaxes para participar nas limpezas das praias, Adega advirte que está en proceso de confirmar cos concellos a súa colaboración na recollida dos residuos para fixar as localizacións. Lembra que o voluntariado de Adega sempre conta cos correspondentes seguro de accidentes e permisos. "Se queres participar con ADEGA nas tarefas de voluntariado podes deixar o teu email no seguinte formulario. Logo, mantente atento/a ao teu correo electrónico e ás nosas redes onde che daremos máis información", sinala.
MATERIAL DESCOÑECIDO
O material espallado nas praias é un aditivo utilizado na fabricación de plásticos, polo que non e plástico puro en si. Trátase dunha formula patentada da cal ainda non se aportou información. Os ecoloxistas din que se trata dun estabilizador UV para facer os plásticos máis resistentes a estas radiacións. "Era bo aportar algunas mostrás a alguna universidade para que analicen e informen de que material se trata. A empresa fabricante non o fai, di que a información está en mans de Maersk que e a empresa responsable da perda dos contenedores que viñan da sua fabricación na India", aseguran.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.