O ex líder do PSdeG, Pachi Vázquez, suma a outro ex socialista a súa lista para o 18F

Espazo Común suma ao seu proxecto a Galicia Sempre e a Coalición Galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Espazo Común, a formación fundada polo exsocialista Pachi Vázquez, sumou ao seu proxecto a Galicia Sempre, partido fundado polo ex socialista e alcalde de Becerreá Manolo Martínez, e a Coalición Galega.

Para Espazo Común, a presenza de Galicia Sempre dálle "un novo pulo" a esta coalición, xa que se trata dunha formación "histórica" e "con moita presenza na provincia de Lugo".

En palabras de Pachi Vázquez, "en Galicia hai máis de 400 concelleiros que representan a candidaturas independentes pequenas, que non senten representados pola actual esquerda, descreídos e decepcionados dos grandes partidos, que pasaron de ser partidos de base, a converterse en formacións de cargos".

O fundador de Espazo Común, Pachi Vázquez
O fundador de Espazo Común, Pachi Vázquez | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Manuel Souto Lamas

O útil na GALIZA é o BNG. Forza do país.