Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 10:40
A asociación ecoloxista Arco Iris pide a mobilización da Unidade Militar de Emerxencias (UME) para a retirada dos plásticos de 'pellets' chegadas ás costas galegas. Nun comunicado, reclama esta mobilización ante "o desastre ambiental sen precedentes" que sofre a costa e "podería xa ser coñecida como a marea branca".
"A clamorosa desidia que neste grave asunto mostraron tanto a Xunta de Galicia como o Goberno español puxo en evidencia que seguimos sen ter un mecanismo eficaz para a detección temperá destas ameazas que supón a existencia do corredor atlántico fronte a Galicia", subliña. Lembra que hai uns días o Goberno central aprobou a orde pola que declaraba toda a costa galega dentro da Rede Natura 2000 para a protección das aves.
"É dun cinismo abafador que este iniciativa se levase a cabo cando xa sucedera (hoxe hai un mes) o accidente do buque Toconao e o Goberno debería estar ao corrente do que se nos viña encima. O silencio sepulcral das administracións supón un precedente histórico de absoluta deslealdade coa comunidade de Galicia e os seus habitantes, que unha vez máis son vítimas dunha estrutura obsoleta xa antes do Prestige e que cae como un castelo de naipes ante a máis lixeira brisa", critica.
"A invasión dos 'pellets' é dunha gravidade tal que os seus efectos poden facerse notar a medio e longo prazo, comprometendo a rastrexabilidade da pesca e a acuicultura polo seu paso á cadea trófica. Os peores impactos poden acumularse nos fondos mariños, xa que a deriva dos pellets será imprevisible e a recado se diseminarán por toda a costa", advirte Arco Iris.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.