A flor da canela

No 1.611 Covarrubias no seu Tesouro da lingua castelá (española ), di o seguinte: para encarecer unha cousa ou presentala como perfecta adoitamos dicir que é "a flor da canela"

Por Fermín Paz | As Pontes | 12/01/2024

Comparte esta noticia
Non vou falar de Sánchez, nin de Rueda, nin da amnistía, nin da independencia. Quero falar doutros asuntos que teñen menos demanda.
 
Son as 11 horas do dia 8 de Xaneiro deste novo 2024 e estou a tomar un café na taberna na que, as veces (cando non teño camaradería), aproveito o tempo para sintetizar algunha idea forza que máis adiante, termará dalgún artigo de opinión. Na tv escoito a Imanol Arias contar o conto  da grande transformación en moitos territorios e concretamente en As Pontes, grazas a o impulso das enerxías renovables e o desenvolvemento dás redes de distribución.  Non deixa de ser unha necesidade propagandística das Empresas e do poder político dunha transición inxusta que xamais quixo ser xusta, mais precisa de dito formato para facer críbel o seu relato.
Neste caso, a publicidade é de Endesa. Como está de moda facer da necesidade  virtude, as empresas eléctricas do Estado Español, tamén están a defender o seu negocio de maneira estoica, é dicir, sacar vantaxes das enerxías renovábeis como a eólica, a nuclear, o gas e o hidróxeno porque o carbón , disque agora é unha desvantaxe para algúns , namentres os amigos, veciños e competidores, din e fan o contrario. Se me vira obrigado a facer unha crítica construtiva a dita publicidade, quizás puxera como música de fondo algunha versión adaptada de "a flor de la canela" para que nas Pontes tivera mais pegada e fose algo críbel,
 
 ...Déixame que che conte, pontés
Déixame que che diga a gloria
Da ilusión que evoca a memoria
Da vella ponte, do río e a alameda...
 
Logo miro ao meu arredor e o que vexo lévame de súpeto a reflexionar sobre a publicidade, a independencia- dependencia  e a liberdade , asuntos dos que non se fala a miúdo, seguramente por que non somos conscientes das múltiples manipulacións ás que estamos sometidos na nosa vida diaria. Hai 20 persoas na taberna, só 3 están a conversar e as demais, na súa maioría, pendentes do móbil e da TV. Non é  isto unha pandemia?.
 
En xeral, a conciencia crítica e inexistente ou moi deficitaria, e nas aulas e na familia pouco se está a facer. A única vacina para combater está situación ten que saír de  cada quen. As tiranías identifican cun uso abusivo e cruel do poder político roubado que, non só ilexítimo pola súa orixe, senón tamén inxusto polo seu exercicio e que reprime calquera oposición. Hoxe por hoxe, esta percepción é moi restrinxida e pola contra, mírase a publicidade e as tecnoloxías con desleixo e neutralidade e, pola contra, cada vez contan con mais apoios. É unha especie de oportunidade e de camiño virtuoso e democrático para achegarnos a igualdade.
 
Un tanto por cento moi grande da poboación mundial ten dependencia destes dispositivos para conformar a súa identidade, as súas opinións e os seus comportamentos. Estamos acostumándonos a normalizar certas desfeitas. No xornalismo non existe un contrapeso  independente da mesma magnitude, xa que a propiedade impón a liña editorial. Na maioría dos casos é un fío condutor na defensa das diferentes polarizacións, tanto a nivel mundial como nos diferentes territorios con Estado. Se as dificultades xa foran poucas, o móbil converteuse nun aparello indispensable nas nosas vidas, levamos nel, a nosa axenda, o acceso a unha grande parte da nosa comunicación, á enterármonos da actualidade mundial sen ningún filtro e ser a  fonte de información con tendencia ao exclusivismo é a Internet na súa infinidade de temario e receitas, como marco da sabedoría, da ética e da estética.
A maioría da xente o primeiro que fai na súa andadura diaria é mirar o móbil nos primeiros  minutos tras erguerse da cama. Hai casos, nos que está a converterse na compañía exclusiva nas relacións sociais e nunha confianza cega nas redes. Paréceme unha obviedade que deberiamos darlle unha volta ao que supón esta maneira tan abafante de exercer a liberdade e, se acaso, preguntármonos se isto no supón ou non, unha situación de dependencia e adicción. 
 
Non debe ser unha cuestión sen importancia cando a ciencia xa tivo necesidade de preocuparse e poñerlle nome a este problema. A nomofobia, está descrita como un medo irracional a non ter o móbil ou a estar incomunicado a Internet. A maior facilidade de mercar ou ter este aparello e o auxe das redes sociais, son e seguirán sendo o caldo onde estamos a cocer parte da nosa liberdade para que alguén descoñecido, ou agachado tras dunha sigla ou pseudónimo, teña un grande proveito. Baseo dita afirmación na tese: de balde nada foi nin nada é, e con toda seguridade, nada será.
 
Temos necesidade de defender a nosa liberdade fronte ao perigo das tiranías propagandísticas, de internet e das novas tecnoloxías. Conforme avance o século, será interesante ver como as xeracións netamente dixitais dan forma ás súas expectativas de vida, cobren as súas necesidades e demandan ás marcas (a todas), as mesmas experiencias interactivas e de resposta. O futuro sempre será do mais novos e impoñerán a súa necesidade en liña con outras capacidades aínda hoxe descoñecidas pero que, pouco a pouco, van ir tendo resposta na lóxica da oferta e demanda, e lévame a concluír que dita influencia afectará tamén as xeracións como as de mais idade, por arrastre na perspectiva dos coidados, da saúde, etc..  A novidade chegará cando a maioría só sexa consumidora de marcas e estas saiban ir máis aló das vendas e cheguen a reclamar tamén o voto representativo para xestionar as institucións. Daquela a tiranía so precisará exercerse cunha especie de enquisa sobre dunha sinxela maior ou menor conformidade co trato recibido na xestión, na relación contractual ou na mercadoría mercada e recibida. 
 
O trunfo do mercado ten estas ameazas e precisa das novas tecnoloxías para  impoñer a súa dinámica e dialéctica. As vellas e novas xeracións temos a obriga e responsabilidade de protexerse diante do que hoxe asemella só un soño...
 
...Déixame que che conte, limeño ai!
Deixa que che diga moreno o meu pensamento
para ver se así espertas do soño
Do soño que entretén, moreno
Os teus sentimentos...
 

Imaxe de arquivo dun teléfono móbil
Imaxe de arquivo dun teléfono móbil
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.