Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2024 | Actualizada ás 18:28
A Federación Provincial de Confrarías da Coruña responsabilizou ao Goberno central do "atraso" na resposta á vertedura de pélets, un asunto sobre o que, ante a celebración de eleccións autonómicas o próximo 18 de febreron, cren que "algunhas formacións políticas pretender obter votos á conta de pór en risco" o litoral galego e "crear dúbidas" sobre os seus produtos.
Nun comunicado emitido este venres e que leva a firma do presidente da federación, Daniel Formoso, a entidade incide en que a "marea branca", como se refire á vertedura de pélets procedente da carga perdida polo 'Toconao' fronte á costa portuguesa, "non ten a máis mínima comparación" coas "mareas negras".
A federación sostén que esta situación "vén acompañada por unha certa marusía política que parte da opacidade mostrada pola Administración española ao non compartir a información sobre a perda de colectores" que, di, "atrasou irremediablemente o inicio dos labores de prevención e limpeza" por parte da Xunta "debido ao descoñecemento deste asunto".
A entidade que engloba ás confrarías da provincia coruñesa afirma que esta información "tería resultado clave para non considerar os primeiros achados en Galicia como algo puntual". "Esta ocultación de información tradúcese no atraso nos labores de prevención e limpeza que non se puideron iniciar ata que a Xunta foi coñecedora da situación para así poder despregar os seus medios, case un mes despois de ser coñecida polo Goberno de Madrid a perda dos colectores".
"Tal vez debido á proximidade das eleccións galegas algunhas formacións políticas pretenden obter votos á conta de pór en risco o noso litoral e crear dúbidas sobre os nosos produtos", aseverou a federación, que considera que estes "problemas políticas" non deben "desviar a atención" sobre "o problema, que non é outro que limpar".
"Avogamos polo entendemento entre as administracións competentes e que non se tente sacar réditos políticos ou electorais dun problema ambiental do cal somos os principais afectados. Non é momento de buscarculpables, se non de atopar solucións, xa haberá tempo de depurar responsabilidades políticas, se é que as hai", engadiu.
PROBLEMA "SOBREDIMENSIONADO"
A federación considera que a vertedura de pélets nas costas galegas e do cantábrico foi "sobredimensionado" e pon "en cuestión a salubridade dos produtos do mar galego, un marreconocido non só pola excelente calidade dos seus peixes e mariscos, se non por posuír unasde as augas máis limpas da Unión Europea". "Non podemos consentir que se poñan en dúbida os nosos produtos, as nosas augas son vixiadas e analizadas continuamente", concluíu a entidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.