Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 13:33
Os interesados nas axudas para o fomento das razas autóctonas gandeiras galegas teñen de prazo ata o próximo 5 de febreiro para solicitalas, de acordo co que recolle a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia.
En concreto, poderanse beneficiar destas axudas as entidades oficialmente recoñecidas para a xestión do Libro Genealógico das razas bovinas cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa; a ovella galega; a cabra galega; o porco celta, o cabalo pura raza galega e a galiña de Mos.
A Xunta destinará un total de 220.000 euros a estas achegas. O investimento total procede dos orzamentos xerais tanto da Administración autonómica como do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Serán subvencionables a creación ou mantemento dos libros genealogicos, e as actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza.
Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria de axudas son conseguir unha "explotación sustentable" dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade; a recuperación da variabilidade xenética das razas autóctonas de Galicia, e a súa potenciación de ser o caso; as diversificacións das actividades económicas no medio rural e favorecer a fixación de rendas complementarias a través da produción con estas razas, entre outras cuestións.
Segundo o censo, con data do 31 de decembro de 2022, en Galicia hai 6.029 vacas de raza cachena, 2.958 de vianesa; 1.626 de caldelá; 1.577 de limiá; 947 de frieiresa; 5.385 exemplares de ovella galega; 1.342 de cabra galega; 4.173 de porco celta; 2.098 de cabalo de pura raza galega; e 21.466 exemplares de galiña de Mos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.