Temas: CINEMA

Obxectivo : Santi Romay

Santi Romay é un actor que moi pronto comezou no audiovisual galego. Dende moi pequeno xa tiña claro que quería adicarse a isto, e poder enfundarse na pel de diferentes personaxes. A súa carreira foi medrando na televisión con series como Mareas Vivas, Matalobos e Os Atlánticos entre outras. Agora mesmo forma parte do elenco de Casa Manola, serie da TVG. Ademais formouse en Pedagoxía Teatral e destacou en diferentes espectáculos teatrais polo que colleitou premios como o María Casares. O cine é o sector no que menos traballou, ainda que participou nalgunhas películas como Vilamor, Personal Movie ou Somos Xente Honrada entre outras.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 06/08/2015 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es

Vendo a túa traxectoria profesional está sobre todo dedicado a traballos na TVG. Se te chaman para unha serie doutra comunidade estarías disposto a facer unha mudanza?

Por suposto, ainda que sería unha mudanza temporal. Estou moi contento vivindo en Galicia, e só estaría fóra cando aparecese traballo noutras comunidades ou fóra de España. A competencia en Galicia xa é moi alta, temos moi bos actores e actrices na nosa terra, pero en cidades como Madrid ainda é maior, tamén hai que dicir que se produce máis. A verdade é que tomo as cousas con calma, e espero que haxa oportunidades de traballar fóra. Xa fixen algún episódico.


Fixeches practicamente de todo no laboral a nivel interpretativo, series, cine, teatro, participaches en programas, e chamoume moito a atención a web serie Clases do social, onde facías de Carlitos. Que anécdotas podes contar sobre traballar nese tipo de series que están tan de moda?

Clases de lo Social foi unha gran experiencia para min. A verdade é que o xeito de traballar non se distancia moito do audiovisual feito na TVG. Traballase ó mesmo ritmo ainda que con menos medios. E ficcións da TVG rebaixaron tempo de gravación, co cal tes que ir a un ritmo frenético. A comodidade coa que se traballa en CDLS tamén é dada, porque hai un equipo detrás que traballa con ilusión e sempre crendo no que fai. Pablo Cacheda, o seu director, é un exemplo de que se poden facer cousas con pouco diñeiro. Ademais ven de gañar o premio do público no Carballo Interplay, algo que me fixo máis ilusión que calquera premio persoal. A internet ainda lle queda por explotar, e espero que as webseries sigan crecendo, pois é un medio alternativo para nós.

Sendo de Malpica, e a 52 km da Coruña, dime un sitio para poder desconectar do mundano?

Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es

Eu tiro moito pola miña zona. A Costa da Morte ten lugares maravillosos, sobre todo aqueles que están perto da costa. Para min un descubrimento foi o Camiño dos Faros, unha ruta dividida en oito etapas dende Malpica a Fisterra que percorre 202 km de Costa. Sitios como Punta Nariga, Cabo Vilán ou praias coma a de Soesto en Laxe poden alí. Sen dúbida ánimo a xente á que a faga, ten diversidade de lugares para elixir e desconectar. 

Vilamor, estreada en 2012 en Lugo, nominada a 7 premios Mestre Mateo, gañadora de dous, un á mellor actriz Sabela Aran, e outro á mellor fotografía para Bertitxi, como te sentes ao ter participado con grandes actores mellorando ao presente?

Teño un grato recordo da rodaxe. Xuntámonos unha canteira de actores próximos en idade con ganas de reflexar como fora aquel cambio de mentalidade e maneira de vivir trala dictadura. Durante 7 semanas convivimos como personaxes e actores nos sitios reais onde se produciran os feitos. Ademáis, eu considérome moi observador, e sempre intento aprender cousas positivas dos meus compañeiros que me poidan axudar a crecer como actor. Sigo mantendo boa amizade con gran parte do elenco e o equipo técnico.



A túa personaxe en Vilamor é conflitivo, porque ocupa un edificio abandonado. Pregunta obrigatoria, que pensas dos desafiuzamentos que por desgracia hai no noso pais?

Pois que me parece unha inxustiza como tantas que pasan neste mundo. O goberno tería que dar facilidades ás persoas e non ós bancos. Nese aspecto o personaxe de Bento (o meu personaxe en Vilamor) estaría dacordo comigo... Creo (Risas)

'Da Vinci tiña razón' é o espectáculo co que volves repetir escenario cos mesmo compañeiros e diferente obra. A anterior recordamos que foi Un país de Comedia en 2002. Que nos podes adiantar desta representación? Por onde poderemos ver a obra?

'Da Vinci tiña razón' foi un espectáculo que estreamos a principios do 2014 e co que estivemos xirando durante o ano pasado. Agora retomamos unha mini xira durante os meses de setembro e outubro para rematalo. E

é un espectáculo moi divertido e crítico donde comparto escenario con grandes actores e actrices como Evaristo Calvo, Victor Mosqueira, María Costas, María Garat e Antela Cid. Dirixidos baixo a batuta do mestre Quico Cadaval. Agora falo de memoria pero estaremos en lugares como Santiago de Compostela, Arteixo, Laracha, Bertamiráns, Rianxo… 


Como bo actor que eres, habería algún papel que te negases a facer?

En principio non! So rexeitaría un papel se me ofrecesen varios e non poidera compaxinalos… Pero non estou nesa fase (risas). Todos os personaxes poden ter diferentes matices sobre os que traballar, incluso os peor escritos.

Como conquistarías á muller dos teus sonos?

(Risas) Vaia pregunta! Pois non sei, supoño que sendo un mesmo… Pero tento ser moi insistente. Case sempre me propoño o que quero (Risas).

Gustaríache participar como actor de dobraxe?

Xa o fixen nalgunha ocasión dobrando debuxos animados. Era moi divertido poder xogar coa voz, ainda que non me considero un actor de dobraxe solvente pois apenas teño práctica. Ainda que gracias a un curso feito con Luis Iglesia puiden experimentar un pouco máis sobre a técnica que se require.

Que consellos lle darías a aqueles actores afeccionadas que empezan neste mundo tan competitivo?

Pois principalmente que non deixen de formarse. Eu comecei moi pequeno no mundo do audiovisual, e considero que teño moita experiencia pero menos formación. Intento sempre facer cursos interesantes para nutrirme na técnica.

Segundo; que non se rendan, pois aparecerá a súa oportunidade. Eu considero que temos a profesión máis bonita e das máis lonxevas do mundo. Poder crear e ser distintas persoas ó longo dunha vida móstranos a oportunidade de ser diferentes do resto da humanidade. E ante todo, que teñan sempre claro que a cultura ten utilidade na formación da xente e nós podemos crear sentimentos que fagan pensar e emocionar ás persoas. 

Fotos y entrevista por  www.suerainbow.es

Agradecimientos  http://www.hotelluxsantiago.com/

Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Santi Romay por www.suerainbow.es
Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta