18F.- O BNG pídelle á CRTVG cinco debates e maior cobertura informativa

Denuncian que se produce unha redución do tempo na información diaria específica da campaña electoral con respecto ao plan de cobertura de 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O BNG reclamou ante a xunta electoral que o plan de cobertura da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para as eleccións autonómicas amplíe o tempo da cobertura informativa durante a campaña e que se contemplen debates nas catro circunscricións electorais. Ademais, os nacionalistas consideran que o plan do ente público "non cumpre co deber como medio público de garantir o pluralismo político e social".

Así, denuncian que se produce unha redución do tempo na información diaria específica da campaña electoral con respecto ao plan de cobertura de 2020. Aínda que recoñece que se garda a proporcionalidade entre as formacións, o BNG apunta que "a redución de 370 segundos a 200 segundos non se xustifica".

Nesta liña, expón na súa reclamación que no anterior proceso electoral a formación política En Marea, cun 19,07% tiña 65 segundos de información, mentres que no presente plan, o BNG, cun 23,79%, conta con 52 segundos de cobertura, "sen que haxa xustificación, tratándose dunha redución máis nun plan de cobertura xa precario".

Doutra banda, o Bloque critica que se contemple "un único debate que se emitirá para toda Galicia na televisión e na Radio Galega", en lugar de "cinco debates entre os representantes das candidaturas, un que se difundía simultaneamente e outro catro que se divulgaban en cada unha das desconexións provinciais".

"A desaparición das desconexións territoriais neste plan de cobertura é un dos factores que máis agudiza o limitado deste plan, xa que nunhas eleccións ao Parlamento de Galicia, onde a circunscrición electoral é a provincial, o ente público debe proporcionar toda a información ao electorado sobre as propostas e candidatos e candidatas que se presentan pola circunscrición que votan", sostén.

Ana Pontón en declaracións aos medios en Santiago.
Ana Pontón en declaracións aos medios en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta