Por Galicia Confidencial | LUGO | 01/02/2024 | Actualizada ás 15:11
Representantes dos consorcios provinciais Contraincendios e Salvamento dos diferentes sindicatos que representan aos planteis dos Bombeiros Comarcais mantiveron este xoves unha reunión coa administración, no Consello Galego de Relacións Laborais, na que se "chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga indefinida" dos últimos meses.
Segundo informan os sindicatos convocantes nun comunicado, "o texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras".
En todo caso, precisan, "continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais dos Bombeiros das catro provincias galegas", nos "24 parques comarcais da comunidade". Así mesmo, "prevé tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redación dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT)".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.