Buscan a un veciño da Cañiza de 56 anos desaparecido desde o mércores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Voluntarios, Garda Civil e persoal da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) buscan a Manuel Álvarez Casal, un home de 56 anos veciño do municipio pontevedrés da Cañiza que leva desaparecido desde o mércores. Segundo trasladou o 112 Galicia, a familia alertou da desaparición á central de emerxencias o xoves, despois de buscalo cos seus propios medios e non localizalo.

A última vez que o viron foi nas proximidades do seu domicilio, na parroquia de Valeixe. Ata alí desprazouse este sábado o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega cos drones para continuar coa procura. Manuel Álvarez, que mide 1,70, é de complexión delgada e ten o pelo moreno e ollos verdes, saíu o pasado mércores a dar un paseo polo río Deva e non volveron saber nada del.

Nos labores de procura participan tamén voluntarios de Protección Civil de Cortegada e Oitavén-Tea, así como axentes da Garda Civil.

SOS Desaparecidos. Manuel Álvarez Casal. A Cañiza (Pontevedra).. SOS DESAPARECIDOS
SOS Desaparecidos. Manuel Álvarez Casal. A Cañiza (Pontevedra).. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta