"Israel: Stop kiilling journalists in Gaza"

Concentración este xoves contra o asasinato de xornalistas palestinos por parte do Exército israelí.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/02/2024 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Non hai un número exacto de informadores que teñen morto na Guerra de Gaza logo de catro meses de guerra. Hai quen fala de máis de 60 e outros dun cento. O caso é que o número é tan elevado que ten provocado as críticas de distintos gobernos da rexión e das asociacións de xornalistas internacionais.

Campaña en contra dos xornalistas asasinadas en Gaza por Israel
Campaña en contra dos xornalistas asasinadas en Gaza por Israel

Por iso, este xoves 8 de febreiro terá lugar ás 18 horas unha concentración no Centro Internacional de Prensa de Galicia en protesta polos asasinatos a xornalistas palestinos na guerra de Gaza. Farase secundando a campaña internacional Israel: Stop Killing Journalists in Gaza, promovida pola Federación Internacional e Europea de Xornalistas e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta