Feijóo sobre o indulto a Puigdemont: "Eu dixen que non, dixen que non e sigo dicindo que non"

Acusa o Goberno de "embarrar a campaña" e proclama: "Non se dá ningunha condición para os indultos".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 11/02/2024 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, acusou ao Goberno central de querer "embarrar a campaña" e aseverou que "non se dá ningunha condición para os indultos" aos líderes do 'procés' catalán.

Despois de que varios medios publicasen este sábado a última hora que estaría aberto a un indulto a Carles Puigdemont condicionado a que sexa xulgado e a que rexeite a vía unilateral e de que, instantes despois, o PP matizase que estas condicións "non se deron cos indultos do procés", na mañá deste domingo, nun paseo en Ferrol, Feijóo falou ante a prensa sobre iso.

"Vou ser moi claro e vou ser o suficientemente contundente: eu dixen que non, dixen que non e sigo dicindo que non a calquera amnistía por dúas razóns: porque é ilegal, inconstitucional e porque rompe o principio de igualdade de todos os españois; e dixen e digo que non a calquera tipo de indulto porque non se dá nin unha soa das condicións", proclamou.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta