Irene Montero: "PSOE e BNG xa gobernaron en Galicia e algunhas cousas non cambiaron"

Reivindica a importancia das técnicas de Igualdade e pide darlles condicións laborables dignas e estables

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/02/2024 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A exministra de Igualdade e candidata de Podemos ao europarlamento, Irene Montero, pediu este mércores o voto para que esta formación teña "forza" en Galicia, como garante de que haxa verdadeiros cambios, e lembrou que, ademais do PP, PSOE e BNG gobernaron en Galicia "e algunhas cousas non cambiaron".

Así o manifestou en declaracións aos medios tras manter un encontro, xunto á candidata á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, con representantes do colectivo Técnicas de Igualdade en Loita. Irene Montero sinalou que "a xente ten claro" que, tras anos de goberno do PP, e tamén tras o paso de PSOE e BNG pola Xunta, "algunhas cousas non cambiaron". "Para cambiar todo o que ten que ser cambiado en Galicia, Podemos ten que ter forza", proclamou.

Por iso, fixo un chamamento para que, o vindeiro domingo, a xente "defenda as súas ideas", especialmente "a xente esquerdas", e que vote á candidata de Podemos, Isabel Faraldo. "Porque alí onde está Podemos, todo o mundo sabe que cambian cousas que antes nos dicían que eran imposibles de cambiar", sentenciou.

CONDICIÓNS DIGNAS PARA A TÉCNICAS IGUALDADE

Irene Montero tamén trasladou o seu apoio ao colectivo de Técnicas de Igualdade en Loita e subliñou que, para estar "á altura" dunha sociedade feminista, é necesario "coidar a estabilidade laboral" destas profesionais, que se prepararon para "transformar as institucións e empresas, para ser axentes que motivan, fomentan e aceleran as transformacións feministas que demanda a sociedade".

A exministra de Igualdade, Irene Montero (c);  a candidata de Podemos á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo (d);  e a candidata por Pontevedra, Carmen Berzosa (i),
A exministra de Igualdade, Irene Montero (c); a candidata de Podemos á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo (d); e a candidata por Pontevedra, Carmen Berzosa (i), | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

Pola súa banda, a candidata á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, que agradeceu a presenza de quen considera "a mellor ministra de Igualdade que houbo", lembrou que as técnicas de igualdade fan "un traballo transversal" e "hai que darlles a importancia que merecen".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta