A Xunta incrementa un 40% a colaboración coa Igrexa para a conservación dos seus templos

Actuarase en igrexas das dioceses de Lugo e Mondoñedo-Ferrol e a arquidocese de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2024 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Xunta segue aumentando as axudas á Igrexa. Desta volta, o Goberno galego apobou a renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuír a pequenas actuacións de conservación en mantemento dunha ducia de igrexas parroquias da súa titularidade que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Trátase dun acordo que este ano se incrementa un 40 % ata chegar aos 350.000€ para realizar intervencións de protección, conservación e rehabilitación nestes bens patrimoniais ao longo do ano.

Igrexa de San Martiño de Cameixa, en Boborás
Igrexa de San Martiño de Cameixa, en Boborás | Fonte: Flickr

Deste xeito, a Diocese de Lugo recibirá unha achega de 86.100€, o que supón o 26,6 % do total, mentres que a de Santiago contará con 75.250€ (o 21,5 %), a de Ourense 66.150

(18,9 %), a de Mondoñedo-Ferrol 55.300€ (o 15,8 %), a de Tui-Vigo 44.450€ (o 12,7 %), e

a de Astorga 22.750€ (o 6,5 %).

Así, ao abeiro deste convenio, na diocese de Lugo intervirase nas igrexas de San Pedro de Merlín, na Agolada; na de Santa María de Marzá, en Palas de Rei; na de San Salvador de Figueiroá, en Sober, e na de Santa María de Montán, en Samos. No caso das tres primeiras, a actuación está dirixida a reparar a cuberta, mentres que na última levaranse a cabo obras tanto no exterior como no interior do templo.

Na Arquidiocese de Santiago, pola súa banda, o orzamento destinarase a realizar obras de mantemento e reparación na capela do sanatorio de Labaca, na Coruña, e a actuacións de conservación e mantemento na igrexa de San Pedro, en Outes. En Ourense está previsto cambiar a cuberta e actuar nas carpintarías das igrexas de San Vicenzo de Lobás, en Calvos de Randín; de Santa María de Feces de Cima, en Verín, e de Santa María de Louredo, en Maside.

A achega para a Diocese de Mondoñedo-Ferrol destinarase integramente a renovar a cuberta e o pórtico da igrexa de San Miguel de Regueira, no concello de Xove, mentres que no caso da de Tui-Vigo o orzamento servirá para realizar obras de consolidación da cuberta da capela do templo parroquial de San Paio de Alxén, en Salvaterra de Miño. Por último, a Diocese de Astorga dedicará a achega a actuacións de consolidación estrutural e acondicionamento da igrexa de Soutipedre, en Manzaneda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta