Mil primaveras máis para os medios en galego na Coruña
Xornal da Coruña e a Asociación Alexandre Bóveda organizaron un roteiro sobre os medios en galego nesta cidade dentro dunha campaña da Amega. Da man dun excepcional guía como Xurxo Souto, máis de 60 persoas "molláronse pola lingua" e descubriron a potencia da Coruña como gran precursora da prensa en galego.