Cando Feijóo xustificaba con "eran uns pillabáns" aos intermediarios da trama das máscaras de Madrid

Feijóo lembraba hai dous anos, tras un suposto caso de corrupción non concello de Madrid, que durante a pandemia "improvisouse moito" por falta de material.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/02/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O Congreso dos Deputados é estes días un terremoto a conta das comisións que Koldo García, un home do ex ministro José Luis Ábalos, tiña na venda de máscaras durante a paanemia da Covid. Un terremoto tal que o PP pediu dimisións a Pedro Sánchez.

(E-D) A portavoz do Partido Popular no Congreso, Cuca Gamarra; o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida
(E-D) A portavoz do Partido Popular no Congreso, Cuca Gamarra; o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida | Fonte: Carlos Luján - Europa Press - Arquivo

Curiosamente, hai dous anos, o presidente do PP referiase aos comisionistas Luis Medina e Alberto Luceño, que venderan mascarillas por seis millóns de euros ao Concello de Madrid, como "pillabáns" e defendía a actitude do alcalde, o popular José Luis Martínez-Almeida, "unha persoa íntegra", dicía entón.

"Houbo pillabáns durante a pandemia. Por que? Porque non tiñamos material e ao non habelo, pois hai intermediarios para conseguilo", dicía nunha entrevista na Cadena Ser. Ao ser preguntado se lle parecen suficientes as explicacións que deu o alcalde de Madrid no episodio das comisións na compra de máscaras, Feijóo asegurou que a el "si".  "Estou absolutamente convencido e saberá defender os intereses do Concello de Madrid", asegurou, para engadir que Almeida é "avogado do Estado" e, por tanto, vai defender "os intereses xerais personándose nese sumario".

"IMPROVISACIÓN"

"China era unha especie de casa de poxas, onde non só as CCAA senón tamén os países quitábanse contratos os uns aos outros porque non había máscaras nin respiradores e porque a xente morría", resaltou, para insistir en que necesitaban material sanitario e non o tiñan.

O líder do PP admitiu que nese momento "improvisaron moito" e, de feito, lembrou que declararon o estado de alarma "a mediados de marzo cando o Covid xa estaba en Italia desde facía varias semanas".

CONTRA SÁNCHEZ

Con todo, a versión de Feijóo é ben diferente a de hai dous anos. Estes días acusa directamente ao presidente español, Pedro Sánchez, de "estar ao tanto" do que facía Koldo GArcía. "Vostede sabía e tapouno. Sabía desde fai tres anos", dixo. "Non espalle nada aos que ten debaixo. Non veña co ventilador", aseguraba no Congreso este mércores. Unhas palabras ben diferentes o acontecido no caso Almeida hai dous anos.

TELLADO

O caso "Koldo" tamén salpicou a Miguel Tellado, número dous de Feijóo tras facerse públicos uns audios nos que o comisionista aseguraba que se reunira co portavoz parlamentario do PP.  "Xa dixo que todo iso é mentira", xustificaba este xoves o presidente da Xunta, ao ser preguntado ao respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta