De viaxes, alforxas e compromisos

Estes días, no debate aberto en Compromiso por Galicia (CxG) a propósito de se este debe integrase ou non nunha marea, candidatura ou fronte, para concurrir ás vindeiras Eleccións Xerais, realmente o único argumento en defensa da integración, é que “Galicia precisa un grupo parlamentar porque na vindeira lexislatura haberá unha reforma constitucional”.

Por Pedro G.-Valadés | Vigo | 14/09/2015

Comparte esta noticia
Pois ben, ademais de que o da reforma da Constitución é de momento só unha hipótese probable, pero que tamén é certo que dadas as dificultades evidentes para acadar o amplo consenso parlamentar que precisa, tampouco sería desbotable que pasaran os catro anos e non se tocara a Constitución, este argumento, a prol da participación de CxG nunha “marea”, non aclara un problema ao meu ver evidente e extremadamente importante como é saber que posicións tomaría ese hipotético e heteroxéneo grupo parlamentar ao longo de toda a lexislatura, nos 4 anos de mil e un debates e tomas de posicións e no día a día en temas moi dispares. Porque non só a Constitución sería obxecto de debate e votación no Congreso dos Deputados.
 
Dicíame hai uns días un amigo que milita no BNG que esa “fronte unitaria” érao xa o BNG ate a Asemblea de Amio, e realmente non lle falta razón. E ademais engadiría eu que non esquezamos que no momento de máxima bonanza tivo o BNG un teito electoral nunca superado de 3 deputados (o grupo parlamentar confórmase por 5). 
 
Reprochaba amargamente o meu amigo que moitos dos que marcharon daquela do BNG, desa “fronte xa unitaria”, pretendan agora artellar un BNG bis, chámenlle fronte, candidatura unitaria ou marea. 
 
En fin, pensando dende Compromiso por Galicia, dende todo o esforzo feito nestes 3 anos escasos de vida,.. “para este viaje no hacían falta alforjas”.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA