Cara onde vai Emília?, a tartaruga que viaxou desde as Azores a Galicia e logo a Portugal

Leva feitos 3500 quilómetros en 210 días. O réptil está sendo monitoreado por científicos portugueses.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/03/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Non é Manuelita, nin marchou a París desde o seu Pehuajó natal "un poquito caminando

A tartaruga Emília cando foi liberada nas Azores, antes de comezar a súa viaxe de 3.500 quilómetros ata Galicia e Portugal
A tartaruga Emília cando foi liberada nas Azores, antes de comezar a súa viaxe de 3.500 quilómetros ata Galicia e Portugal | Fonte: Okeanos

Y otro poquitito a pie" como escribiu María Elena Walsh. Esta tartaruga chámase Emília, é real, e xa atravesou o Atlántico e percorreu case toda a costa atlántica da península ibérica.

 

Ten 38 centímetros de lonxitude e o 10 de agosto do pasado ano saía da illa do Faial, nas Azores. Seis meses depois está no sur de Portugal, tras percorrer boa parte do Atlántico e case toda a costa atlántica da península ibérica, desde Galicia ata o Algarve. Trátase dun exemplar mozo de tartaruga-verde (Chelonia mydas) e está a ser acompañada en tempo real nesta viaxe por científicos do Okeanos, o Instituto de Investigación en Ciencias do Mar da Universidade dos Açores, grazas a un dispositivo de xeolocalización que leva na cuncha.

Por iso, sabemos que Emília percorreu máis de 3500 quilómetros en 210 días tal e como informou o equipo do proxecto de Consolidación da Protección da Tartaruga-Mariña nas Azores (COSTA, en inglés) e pode ser acompañada en tempo real na páxina oficial. Neste momento, este espécime de Chelonia mydas encóntrase no sur de Portugal continental.

A tartaruga Emília cun dispositivo satelital na cuncha
A tartaruga Emília cun dispositivo satelital na cuncha | Fonte: Okeanos

A tartaruga-verde (Chelonia mydas), á semellanza doutras tartarugas mariñas, é un réptil de longa vida, percorrendo extensas distancias entre a praia onde nace e a súa área de alimentación. Actualmente, é considerada unha especie ameazada na lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).

VIAXE DAS AZORES A GALICIA

Despois de ser liberada xunto á costa azoriana, Emília deu inicio a unha longa viaxe, cruzando o Atlántico ata Galicia, descendendo despois en dirección a Peniche (onde permaneceu 15 días, na zona da Praia do Baleal), continuando o seu rumbo para sur. 

"O avistamento de tartarugas-verdes en territorio portugués é pouco común, tratándose de animais con hábitat tropical ou subtropical. Sábese aínda que as tartarugas-verdes tenden a explotar as zonas costeiras durante a fase xuvenil, onde se alimentan de algas e pequenos invertebrados, no entanto os seus patróns de migración no Océano Atlántico continúan a ser algo que descoñecemos", conta Frederic Vandeperre, investigador principal do equipo COSTA.

Pola súa banda, Mafalda Sousa, investigadora do equipo COSTA, refire que "esta é a primeira vez que unha tartaruga verde é seguida desde o Arquipélago dos Azores até á costa continental", sendo un caso de estudo especial para a ciencia.  A viaxe da Emília continúa a ser un misterio. Os investigadores non saben se entrará nas augas máis quetnes do Mediterráneo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta