USO pide a rescisión do contrato á empresa Segursystem en servizos de seguridade dependentes de Cultura

Desde o sindicato anuncia que a empresa está "próxima á súa quegra técnica" o que a leva a "incumprimentos salariais"

Por E.P. | A CORUÑA | 21/03/2024 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O sindicato USO solicitou á Consellería de Cultura a rescisión do contrato da empresa Segursystem ao estar, asegura, "próxima a súa quebra técnica".

A compañía é a actual adxudicataria de servizos de seguridade dependentes da Consellería de Cultura, como son o Museo das Peregrinacións de Santiago, o de Belas Artes da Coruña ou as bibliotecas públicas Miguel González Garcés e Ánxel Casal, situada a primeira na cidade herculina e a segunda en Compostela.

Desde o sindicato profesional, indican que "se puxeron en contacto coa Consellería e comunicado os incumprimentos salariais da empresa coas persoas traballadoras e múltiples sancións impostas pola autoridade laboral".

Desde FTSP-USO sinalan tamén que "Segursystem entrará nuns meses en quebra técnica e non poderá facer fronte ás súas obrigacións salariais coas persoas traballadoras".

Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta