Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2024 | Actualizada ás 14:28
Galicia arrinca estes días a Semana Santa con boas expectativas turísticas, cunha ocupación media que rolda entre o 70 e o 80%, con cheo nalgúns puntos moi turísticos, aínda que coa vista posta nas reservas de última hora e, sobre todo, no ceo, xa que a meteoroloxía determinará que haxa "unha boa ou unha moi boa ocupación", en palabras do presidente do Clúster, Cesáreo Pardal.
A enquisa sinala que o máximo nivel de ocupación se rexistrará durante as xornadas do xoves 28 e o domingo 31 de marzo, nas que nalgunhas zonas prevén porcentaxes de ocupación do 95% e do 100%, como na Costa da Morte e nalgúns municipios polos que transcorren as rutas Xacobeas. O turismo rural tamén concentra unha alta demanda para estas xornadas cunha previsión de ocupación do 80% en lugares como a Ribeira Sacra.
PERFIL DE VIAXEIROS
En canto ao perfil de viaxeiros, en Galicia as reservas apuntan a un turista de proximidade, "aínda que cunha destacada presenza de turistas internacionais, procedentes principalmente de Portugal, Francia e Estados Unidos".
Respecto dos prezos, tenden á alza nas xornadas centrais de Semana Santa e a maioría dos aloxamentos consultados coincide nunha suba do 10%, aproximadamente, debido a que as meterias primas subiron entre un 10% e un 20%.
PREVISIÓN POR ZONAS
Por zonas, na cidade da Coruña se pevén "bos datos" de ocupación e espérase que o visitante maioritario sexa o nacional ou procedente de Portugal. Na Costa da Morte, espérase que se alcancen cifras de ocupación superiores ao 70%, aínda que tamén se prevén datos do 95% cara a finais de semana.
En Santiago, os datos apuntan que a ocupación estará próxima ao 90% e destaca o peso do turista internacional con porcentaxes de ata o 65%, principalmente procedente de Portugal, Italia, Francia, Alemaña e Estados Unidos.
Para Ferrol auguran unha boa Semana Santa, aínda que con cautela debido ao impacto que adoita ter o clima nas reservas.
En Pontevedra esperan alcanzar cifras de ocupación similares ás do ano pasado, entre o 60% e o 80%. Neste caso, ten un peso maior o turismo de proximidade e nacional, e o internacional está presente con turistas procedentes de Portugal. En ambos os casos, principalmente destacan a zona do Morrazo e a do Salnés.
En Ourense espéranse bos datos e esperan incrementar as reservas de última hora se o clima acompaña, sobre todo de face ao xoves, venres e sábado. O turista maioritario tamén será o nacional e o interno.
En Lugo teñen boas expectativas sobre todo na zona da Mariña e en Lugo cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.