Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 10:12
Un motorista que participaba este domingo nun rally no municipio pontevedrés da Estrada resultou ferido e tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado.
Segundo informou o 112, pouco despois das 18,00 horas, o servizo foi coñecedor do accidente dun motorista que estaba a disputar un campionato europeo de motos que pasaba pola parroquia estradense de Toedo, onde se produciu o suceso.
Enseguida, os xestores do 112 Galicia informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada. Por parte de urxencias sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para poder trasladar ao ferido ata o hospital de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.