SOS Sanidade Pública pide ao novo goberno de Rueda atacar a "deterioración" da Atención Primaria

O PP lanza un manifesta polo Día da AP no que traslada o seu apoio aos sanitarios e critica a falta de apoio do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

SOS Sanidade Pública concentráronse este venres ante o Parlamento de Galicia para pedir ao novo goberno que conforme o presidente popular Alfonso Rueda que poña en marcha medidas para combater a "deterioración" da Atención Primaria.

Con este obxectivo, a plataforma fixo entrega no rexistro do Pazo do Hórreo un escrito no que propoñen 13 medidas coas que se melloraría esta situación. No Día Mundial da Atención Primaria, que se celebra este 12 abril, un centenar de persoas corearon ante a Cámara galega consignas como "o público é servizo, o privado beneficio", "Rueda, atende, a sanidade non se vende" e "sanidade pública e de calidade". Ata a protesta desprazouse a parlamentaria do PSdeG Patricia Iglesias.

En declaracións aos medios, o portavoz da plataforma, Manuel Martín, asegurou que os cidadáns teñen unha "dificultade tremenda" para poder acceder a unha cita nos centros de saúde, con "esperas dunha semana, de 15 días, e ata dun mes". "Temos os centros de saúde decimados, os traballadores e traballadoras sanitarias apenas cobren as necesidades da poboación", apuntou para lamentar que o orzamento deste ano "non incrementa o recurso que necesita o sistema".

Así mesmo, asegurou que a poboación maior está "maltratada", especialmente nas residencias, nas que "perden o dereito á asistencia sanitaria". Ademais, sinalou tamén que "faltan servizos de ambulancia".

MEDIDAS

En concreto, no escrito presentado na Cámara, a plataforma pide incrementar o orzamento sanitario; aumentar o persoal de medicamento familiar, pediatría e enfermaría, así como incorporar aos equipos sanitarios as novas categorías profesionais necesarias para dar unha atención integral nos centros de saúde.

Como terceira medida, reclama a apertura dos centros de saúde pechardos e crear novos onde sexa necesario. Así mesmo, piden reintegrar o servizo de ambulancias no sistema público, así como as demais prestacións privatizadas, e implementar un plan urxente para racionalizar as listas de espera hospitalarias.

A plataforma esixe que se garanta a atención médica ás persoas incluídas no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), acabar coa "precariedade laboral" no Sergas, convocar concursos públicos transparentes e abertos, recuperar as xerencias de atención primaria e reorientar o sistema cara a un modelo comunitario e participativo.

MANIFESTO DO PP POLA ATENCIÓN PRIMARIA

Ademais, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Atención Primaria, o PP lanzou un manifesto no que traslada o seu apoio e respaldo a todos os profesionais de Atención Primaria do país. No texto, avisa de que, nos últimos anos, ata seis ministros e ministras asumiron a carteira de Sanidade sen responder as demandas que chegan por parte dos profesionais sanitarios e da cidadanía, a pesar de que o Executivo recoñeceu que en 2027 "faltarán máis de 9.000 médicos especialistas".

Os populares galegos sosteñen que desde o Goberno tampouco se puxeron en marcha instrumentos como o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios para planificar e tomar decisións sobre as necesidades de formación e previr actuacións no futuro.

Concentración de SOS Sanidade Público ante o Parlamento de Galicia. EUROPA RPESS
Concentración de SOS Sanidade Público ante o Parlamento de Galicia. EUROPA RPESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta