Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2024 | Actualizada ás 15:35
A FP galega demostrou a súa calidade no Spainskills 2024, o campionato nacional neste ámbito, no que o equipo de Galicia alzouse con nove medallas. En concreto, informou a Xunta, a delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia. Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado conseguido nesta cita.
Ao redor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril. Competiron un total de 38 alumnos de 23 centros nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.