O BNG pide a Correos que amplíe os seus servizos "mentres non sexa transferida a Galicia"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2024 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O BNG presentou unha proposición non de lei no Congreso para pedir ao Goberno que declare a sociedade estatal de Correos como empresa de interese social e utilidade pública, para "blindar e ampliar" os seus servizos, "mentres non sexa transferida a Galicia".

Segundo explicou o deputado Néstor Rego, Correos podería asumir servizos como entidade financeira e de seguros, así como un servizo especial de paquetería para a entrega de medicamentos, ou impulsar a creación dun operador de telefonía móbil "aproveitando a sinerxía da filial Correos Telecom".

O BNG sinalou que estas e outras medidas axudarían a reverter o despoboamento do rural e contribuirían á cohesión social e territorial. "A situación de Correos é froito das políticas de desmantelamento e recorte dos servizos que ofrecía", sinalou Néstor Rego

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta