A execución orzamentaria da Xunta achégase ao 90% ao peche do terceiro trimestre de 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A execución orzamentaria da Xunta achégase ao 90% ao peche do terceiro trimestre de 2023, segundo os datos que publica a Consellería de Facenda no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste venres.

Segundo as cifras feitas públicas, o crédito aínda non executado da Administración Xeral é de 1.590,5 millóns a termo do terceiro trimestre, cun total de crédito executable de 14.677,8 millóns.

Na táboa figura que aínda estaban pendentes de gastar nesa data 392 millóns na Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como 217 millóns no medio Rural, 186 millóns en Infraestruturas e 184 millóns en Política Social, entre outras partidas.

No entanto, segundo informe de Facenda feito público nun Consello da Xunta de febreiro de 2024, o Goberno galego pechou 2023 cunha execución orzamentaria do 99,6%, o que implica un gasto de 1.200 millóns de euros máis que en 2022, así como cun déficit no 0,3% do PIB. O cociente de débeda respecto ao PIB da Administración autonómica é do 16,1%.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento. XUNTA
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta